Autor Tema: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.  (Leído 2909 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

29 de Diciembre de 2012, 19:22:11

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« en: 29 de Diciembre de 2012, 19:22:11 »
Ola a todos:
Acabo de recibir información de José Luis Ortiz do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA) sobre a posible ocultación dunha estrela de magnitude 16 polo TNO Varuna. A posible ocultación produciráse na tarde do 8 de xaneiro, ás 20:31TU. Galicia enteira queda dentro da banda de ocultación pero a incerteza aínda é algo grande, da orde do ancho da banda de ocultación, polo que é posible que a observación sexa negativa. Sen embargo, é unha oportunidade única para contribuir a un proxecto científico punteiro.

A ocultación durará un máximo de 35 segundos e o escalón será de 4,1 magnitudes. A altura da estrela no momento da ocultación será de 30º en dirección E. A observación desta ocultación é moi esixente e precisa de material específico e, idealmente, dun observatorio fixo. A principal limitación é a magnitude da estrela (+16,0). Polo tanto:

-Non se poden usar as cámaras Watec. Os tempos de integración que usan son demasiado pequenos e non veríamos a estrela.

-Son necesarias cámaras CCD e usar exposicións de varios segundos. Cun telescopio de 20 a 30cm de diámetro habería que probar con exposicións de 5 a 10 s. A estrela non ten que ter unha gran relación sinal-ruido, con que se distinga do fondo do ceo xa chega.

-Non usar fitros, todos os fotóns da estrela contan.

-Hai que reducir o tempo de lectura da cámara o máximo posible. Polo tanto, se se pode observar en modo binning ou usar unha ventana de píxeles para ler só unha parte da CCD mellor que mellor. Ademáis a estrela ten unha compañeira cercana polo que se pode usar de chequeo.

-Recoméndase que as imaxes se garden en formato fits coa hora na cabeceira de cada imaxe.

-Idealmente haberá que comezar a observar como unha media hora antes da hora da ocultación. Esto é recomendable para
establecer unha liña base da fotometría da estrela e detectar algún posible satélite que teña o TNO.

-Como sempre, a sincronización horaria é fundamental, e hai que sincronizar o tempo por NTP con Dimension4 contra hora.roa.es. JL Ortiz recomenda gardar un log cos desaxustes na hora NTP.

-E por suposto, haberá que obter dark-frames, bias e flats para facer unha fotometría como mandan os cánones.

Adxúntovos a imaxe da banda de ocultación que enviou JL Ortiz, unha curva de altura da estrela para esa noite e dúas cartas de localización da estrela extraidas do DSS de 10'x10' e de 20'x20'.

Por favor, os que teñades pensado observar esta ocultación enviádeme un correo ou poñede un post neste fío. Esta é unha ocultación esixente en canto a instrumentación e non todos os que observamos ocultacións habitualmente podemos acceder a ela, pero os que teñades CCD e/ou un telescopio fixo podedes facer un traballo moi bó.

Saúdos.
« Última modificación: 29 de Diciembre de 2012, 19:41:32 por rimarzoa »

Respuesta #129 de Diciembre de 2012, 21:17:47

Madmartigan

  • SIP
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 1666
  • Karma:
    24
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
    • Cova da Serpe
    • Email
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #1 en: 29 de Diciembre de 2012, 21:17:47 »
Vamos a ver se podo probar sorte.
Gracias.
« Última modificación: 29 de Diciembre de 2012, 21:25:04 por Madmartigan »

Respuesta #231 de Diciembre de 2012, 19:14:54

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #2 en: 31 de Diciembre de 2012, 19:14:54 »
 Eu apúntome. Habrá que intentalo. 
 Un saludo.

Respuesta #305 de Enero de 2013, 00:50:42

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #3 en: 05 de Enero de 2013, 00:50:42 »
Ola a todos:
José Luis Ortiz creou unha páxina web con información sobre esta ocultación e con consellos sobre como observar e con cartas de localización da estrela:
http://www.iaa.es/~ortiz/Varuna20130108esp.html
Un saúdo.

Respuesta #405 de Enero de 2013, 19:52:38

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #4 en: 05 de Enero de 2013, 19:52:38 »

 Esta pasada noite estuven fotografiando a zona o mais profundo posible a ver si captaba o TNO este. Podría ser o que señalo. Segun efemérides do MPC estaría por ahí, e comparando con tomas do atlas SDSS nese punto non hai ningunha estrela.
 A estrela que vai ser ocultada é a que señalo ó NO. O que non teño claro e si vai ser a secundaria ou a principal, xa que é doble.
 Tamén provei o tempo mínimo para capturar a estrela que estaría nos 5 segundos ca miña óptica. Sempre que sexa a principal do par.
 Un saudo.






Respuesta #505 de Enero de 2013, 21:29:06

salva

  • ECL
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 489
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #5 en: 05 de Enero de 2013, 21:29:06 »


       Pois parece que aí está. Esta é a posición que dá Cartes, usando os datos do MPC, para onte perto de medianoite.
       (Faltan estrelas do campo debido á versión reducida do catálogo UCAC3 que usei).
       
       Boa caza!


Respuesta #605 de Enero de 2013, 23:54:57

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #6 en: 05 de Enero de 2013, 23:54:57 »
Según as coordenadas que temos a estrela a ocultar é a secundaria. Quizáis fagan falta algo máis de 5 segundos para rexistrala.
Saúdos.

Respuesta #706 de Enero de 2013, 00:04:49

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 903
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #7 en: 06 de Enero de 2013, 00:04:49 »
Solo por curiosidade, a foto que pos ¿cuanta exposición ten?, porque o asteróide e de magnitud 20.

Respuesta #806 de Enero de 2013, 00:26:08

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #8 en: 06 de Enero de 2013, 00:26:08 »
Solo por curiosidade, a foto que pos ¿cuanta exposición ten?, porque o asteróide e de magnitud 20.

1 hora. 20 tomas de 3 min.

Respuesta #907 de Enero de 2013, 00:58:41

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #9 en: 07 de Enero de 2013, 00:58:41 »
 Acercándose...
 Con mellor seing todo é mais fácil.




Respuesta #1007 de Enero de 2013, 12:30:36

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 903
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #10 en: 07 de Enero de 2013, 12:30:36 »
 :great: A ver si aguantara o tempo un pouco e  consigues terminar a  secuencia. ¿Podrías por algunha das fotos que sacaches con exposición de 5s ou 10s e, xa postos, podes recordarme a óptica que tes?

Respuesta #1107 de Enero de 2013, 18:13:21

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #11 en: 07 de Enero de 2013, 18:13:21 »
Ola a todos:

José Luis Ortiz enviou unha actualización da astrometría de Varuna e da estrela a ocultar que indica que a ocultación NON será visible dende a Península Ibérica senón que se despraza ó N. Polo tanto é mellor cancelar a observación. A predicción de Meteogalicia para mañán tampouco é boa e non había moitas posibilidades de observar.

Na páxina web de José Luis Ortiz ofrécense máis detalles:
http://www.iaa.es/~ortiz/Varuna20130108esp.html

Tede en conta que esta será a tónica habitual de observación de ocultacións de TNO, dado que as órbitas non se coñecen con moita precisión e o máis frecuente é que oculten estrelas pouco brillantes de astrometría pobre e movementos propios con gran incerteza.

Grazas a todos polo voso interése.
« Última modificación: 07 de Enero de 2013, 18:54:43 por rimarzoa »

Respuesta #1207 de Enero de 2013, 18:34:38

salva

  • ECL
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 489
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #12 en: 07 de Enero de 2013, 18:34:38 »


     Pois agardaremos pola próxima! Grazas a ti por toda a información e por coordenar esta iniciativa!  :great:


Respuesta #1307 de Enero de 2013, 22:10:34

colapso

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 295
  • Karma:
    19
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #13 en: 07 de Enero de 2013, 22:10:34 »
 Lástima. Era un reto interesante. De todas formas xe se están achegando nubes por acá...
 Resultame asombrosa a precisión astrométrica que conseguen dun obxeto situado a 6000 millón de Kms. para situalo cun margen de error de tan sólo uns milles de Kms.

Respuesta #1407 de Enero de 2013, 22:58:16

Madmartigan

  • SIP
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 1666
  • Karma:
    24
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
    • Cova da Serpe
    • Email
Re: Ocultación por Varuna o 8 de xaneiro.
« Respuesta #14 en: 07 de Enero de 2013, 22:58:16 »
Pues menos mal, porque el otro día estuve haciendo unas pruebas y la montura volvía hacer de las suyas.
Total, que no tenía nada contundente a mano, asi que podré hacer pruebas otro día ya con mas paciencia.