Autor Tema: AstroGalicia 2012: crónica do segundo día, o sábado 15 de setembro  (Leído 1041 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

19 de Septiembre de 2012, 23:57:55

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2378
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
AstroGalicia 2012: crónica do segundo día, o sábado 15 de setembro
« en: 19 de Septiembre de 2012, 23:57:55 »
Ás 9:00 horas o almorzo... con desigual asistencia. Xente que xa estaba en punto, outra con facianas legañosas e con pouca gana de almorzar. Xa tomamos a decisión de ao día seguinte atrasalo un pouco... aínda non tiñamos ben claro a serie de sobresaltos que ía sufrir o horario da actividade do día de hoxe  :whistle:

Ao rematar o almorzo, a organización botou unha boa man para transformar o comedor en sala de conferencias. Ter todo concentrado no mesmo lugar pode ser cómodo e ata barato, pero iso implica un chollo de tres pares de nabos. Fóra mesas, coloca cadeiras, atende ao ponente, pon equipo de son...

Como xa o día anterior chegara boa parte dos inscritos e, dado que estes empezaban a pulular ao redor dos edificios como ánima en pena, a organización decidiu sacar o PST Coronado solar para improvisar unha observación solar que en principio estaba destinada para despois da primeira charla. Todo un acerto, si señor,  8) Co tempo, ao dispoñer do telescopio solar case todo o día a disposición dos asistentes, puidemos ollar ao Sol en diversos momentos e comprobar como cambiaba.

Ás 11:55 todo listo para o comezo oficial. Dado que non aparece ningún representante do Concello de San Xoán de Río (de feito estaban invitados de xeito oficial por escrito), limitarase a un acto breve de presentación, lectura de entidades organizadoras, catro palabriñas e presentación do primeiro relator. Como na organización eran todos un pouco tímidos, tocoume a min de novo (iso si, facendo que os organizadores, polo menos, tiveran que levantar a man para que todo o mundo os coñecera  :666:)

A charla de Alberto Martos estivo moi ben. Como indica Jaime noutro comentario, moi ben explicada a historia de como foi posible que a NASA chegara á Lúa antes que os rusos, a pesares de que estes ían por diante nun primeiro momento. Ademais, a idea da bomba atómica sobre Hiroshima, dirixida máis para demostrar aos rusos o poderío do seu exército, máis que para atemorizar aos xaponeses, tamén estivo moi ben traído. Nas palabras dun inscrito, está ben oír isto en público, para entender un pouco mellor como funciona a hipócrita política internacional neste mundo.

A sala presentaba un nivel de entrada moi interesante; unhas 60-65 persoas.

Rematada a charla (moitas gracias "nocturno" por botar unha man coa sonorización do evento) e, tralo conseguinte turno de preguntas, algo de tempo libre para a observación solar. Ademais, volta ao xogo das mesas e as sillas para preparar a sala para o xantar.

Pola tarde primeira sesión de obradoiros. O de iniciación, contou coa sorpresa da sala... que estaba transformada un planetario "low cost". Mágoa que ao final non se puido probar o proxector por faltarlle uns axustes. Xa invitaremos para a inauguración  :rules: Polo que a min me chegou, os inscritos super-contentísimos con Germán Peris.

O de ProAm, cheo de nervios porque a relatora, Minia Manteiga, pensaba que era máis tarde e tivo que vir desde Trives... sen xantar, a pobre. Iso si, o seu esforzo pagou a pena porque deixounos cheos de ideas interesantes, complementando á perfección o seminario do día anterior do C'MON. No plano persoal, encantado de ter coñecido a unhas das poucas astrónomas profesionais que temos no país. Que sexan moitas veces máis.

A media tarde tivemos o que, ao final, deixou algunhas das escenas que serán máis lembradas da AG12. O grupo formado por Fernando e Juanjo, de Cienciactiva, co lanzamento de foguetes de auga e un globo sonda. Os vídeos, cando os teñan na web, veredes que son impresionantes. Que un sinxelo foguete chegue a uns 60 metros de altura é abraiante. Que un foguete un pouco máis elaborado pase dos 100 metros de altura... e que sobreviva para contalo (con despregue de paracaídas incluído) e grave en vídeo o ascenso, é unha pasada. Poder mandar á estratofera un globo de helio e ir recibindo en tempo real datos de altura, meteorolóxicos... e a posibilidade de seguir ao globo para cazalo na súa caída, abre unha cantidade de posibilidades inmensa para o estudio da atmósfera por parte de afeccionados e, por que non, para facer ciencia espectáculo. Noraboa aos organizadores por facer o esforzo económico para traer a Juanjo e Fernando.

No serán, a organización decide acertadamente trasladar os obradoidos para a noite e ao día seguinte, tendo así unha charla sobre Exoplanetas, a cargo de Borja Tosar, moi, moi entretida. Ligar ciencia ficción (canto sorriso cómplice entre o público ao recoñecer esas películas, cómics... que lemos de pequenos... seguro que moitos deles responsables da nosa actual afección) cos actuais descubrimentos de exoplanetas a cada cal máis estraño, é todo un acerto, moi didáctico e moi divulgativo. Parabéns, Borja  :great:

Xa, tras unha apretada cea (unhas 90 persoas), tivemos unha segunda noite de observación excelente. Que outro faga a crónica de como foi a noite, pois eu pasei a primeira hora cun grupo de 8 visitantes da zona e unha parella de inscritos, cunha sesión de descubrimento do ceo, constelacións, mitos gregos e algo de astrofísica que me impediu ver como foi esta parte da noite no campo de observación.

(Insiro as fotos ao final, en vez de no medio do texto, porque non teño ningún servizo de subida de fotos dispoñible nestes momentos. Tenteino con Google+ pero non se poden facer as fotos públicas... creo)

Respuesta #120 de Septiembre de 2012, 19:41:14

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 904
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: AstroGalicia 2012: crónica do segundo día, o sábado 15 de setembro
« Respuesta #1 en: 20 de Septiembre de 2012, 19:41:14 »
Faltáronche alguns cambios de mesas e sillas  :grrrrrr:
Sobre a charla de Alberto Martos, comentar que ainda non apareceu o agraciado no sorteo do seu libro e iso que e de Pontevedra. A iste paso vai quedar para o ano que ven. Na espera, eu estou aproveitando para leelo e non podo mais que recomendalo polo ben escrito e documentado que está (ten 283 citas a pe de páxina).