Foro patrocinado por:

Autor Tema: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.  (Leído 22316 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo
  • *****
  • Mensajes: 367
  • Karma: 20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #75 en: 22 de Octubre de 2012, 17:59:54 »
Ola todos:

Grazas ós que fixéchedes o esforzo por observar a ocultación de Toatenmongakkai a madrugada do 21 de outubro  :great:. Polo que se comenta aquí, só Camilo e máis eu logramos observar a estrela á hora indicada e ningún dos dous veu ocultación. Ó resto só indicarvos que hai que ter paciencia e aprender dos erros. Asegúrovos que se aprende moito deles, por experiencia propia.

Só temos que cubrir o informe de ocultación negativa Camilo e máis eu. Os de EAON só admiten informes que confirmen que non houbo ocultación á hora indicada. A web de onde se poden baixar os informes a cubrir (en modo texto) é esta:
http://www.euraster.net/

Se tedes algún problema para cubrilo preguntade.

Eu teño unha pregunta para vós. Dado que vexo que cada ocultación produce un certo tráfico de mensaxes, ¿pensades que se poden ir abrindo temas a medida que vaian xurdindo as posibles ocutlacións ou que as podemos ir mantendo todas en un único tema do estilo ocultacións2012, ocultacións2013, ... etc?

Por último, lembrarvos o calendario das próximas ocultacións en Galicia.

-noite do 3 de novembro (sábado),  a festa das ocultacións  :party: , esta noite hai 3 posibles, e hai que escoller entre dúas delas case á mesma hora, eu voto por Hippodamia que a estrela é máis brillante e a banda cúbrese dende máis sitios por Galicia.

Estrela de magnitude 10,9 por Hippodamia:
http://asteroidoccultation.com/2012_11/1104_692_31518.htm
Ideal para toda Galicia.

Estrela de magnitude 11,5 por Euboea:
http://asteroidoccultation.com/2012_11/1104_1119_27014.htm
Metade Sur de Galicia, coincide no tempo coa de Hippodamia.

Estrela de magnitude 11,6 por Rhoda:
http://asteroidoccultation.com/2012_11/1104_907_31519.htm
Pola costa da Morte e as Rías Baixas.

-noite do 6 de novembro:

Estrela de magniude 11,2 por Bodea:
http://asteroidoccultation.com/2012_11/1107_998_27023.htm
Norte de Galicia.

-noite do 9 de novembro:

Estrela de magnitude 10,9 por INAG:
http://www.euraster.net/pred/20121109%203056%20INAG%2010.9.gif
Boa en toda Galicia.

-noite do 27 de novembro:

Estrela de magnitude 9,4 por Aguilar:
http://asteroidoccultation.com/2012_11/1128_1800_28279.htm
Estupenda, cruza Galicia polo medio.
[/quote]

-noite do 29 de novembro:

Estrela de magnitude 11,0 por Protesilaos:
http://asteroidoccultation.com/2012_11/1130_3540_31556.htm
Pola Costa da Morte, con banda de incerteza que cubre toda Galicia.

Como vedes, este mes de novembro vai a ser movidiño. A ver se hai sorte co tempo.

Saúdos.

Desconectado Javier

  • AG'11
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1280
  • Karma: 14
  • Sexo: Masculino
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #76 en: 22 de Octubre de 2012, 21:17:04 »
Eu teño unha pregunta para vós. Dado que vexo que cada ocultación produce un certo tráfico de mensaxes, ¿pensades que se poden ir abrindo temas a medida que vaian xurdindo as posibles ocutlacións ou que as podemos ir mantendo todas en un único tema do estilo ocultacións2012, ocultacións2013, ... etc?

Creo que é unha boa idea, de non facelo así pode que acabemos todos tolos intentando seguir cada unha das ocultacións.
Supoño que a primeira idea sería facelo dentro do proxecto CMON, pero quizáis valga a pena facer unha sección específica como se fixo con Astrogalicia, por exemplo Ocultacións de estrelas por asteroides, e así abrir dentro da sección un tema pora cada campaña anual (ocultacións 2012, ocultacións2013). Logo, para dentro de cada tema abrir un único post por ocultación ou día (por aquelo de que algunhas veces coinciden unha ou dúas ocultacións como neste caso).
"Eppur si muove..."

www.clubevega.org
astronabeira.blogspot.com

Desconectado colapso

  • Semi-Apo
  • **
  • Mensajes: 299
  • Karma: 19
  • Sexo: Masculino
    • Ver Perfil
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #77 en: 22 de Octubre de 2012, 21:28:38 »
 O de Euboea, o 4 de Nov. píllame de cheo. A ver o tempo...
 Saludos.
 

Desconectado hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo
  • *****
  • Mensajes: 917
  • Karma: 15
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #78 en: 22 de Octubre de 2012, 22:22:56 »
A nos tamén parece que nos pilla ben Euboea así que, si está boa noite, alí estaremos.

Desconectado Camilo

  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1468
  • Karma: 10
    • Ver Perfil
    • http://www.astrocamy.blogspot.com
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #79 en: 23 de Octubre de 2012, 10:27:26 »
Citar
Se tedes algún problema para cubrilo preguntade.


Mandeiche un parte de observacion o teu privado.Teño algunhas dúbidas nos temas que sinalizo con guións.Supoño que se refiren as ocultacions e inmersions, pero o ser negativa non sen o que se pon.
O adxunto aquí para que o vexas e me digas algo, e os demáis tamén "capisquem" de que vaí.
Saúdos.

Desconectado Camilo

  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1468
  • Karma: 10
    • Ver Perfil
    • http://www.astrocamy.blogspot.com
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #80 en: 23 de Octubre de 2012, 10:34:45 »
Cometín alguns erros nas datas e o adxunto de novo.

Desconectado Pablo Canedo

  • Administrador
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1817
  • Karma: 50
  • Sexo: Masculino
    • Ver Perfil
    • Astromanía
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #81 en: 23 de Octubre de 2012, 15:45:10 »
Fixen algún troco na distribución dos foros e subforos do CMON. Xa me diredes se van por ahí os tiros.

Desconectado Pablo Canedo

  • Administrador
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1817
  • Karma: 50
  • Sexo: Masculino
    • Ver Perfil
    • Astromanía
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #82 en: 23 de Octubre de 2012, 15:51:55 »
Supoño que o ideal sería que dentro de cada ano se abra un fío para cada ocultación e en xeral se comente todo o resto, tamén se podería poñer ahí con unha chincheta (se non é moito pedir :wink2:  ) un post a modo de tutorial ou FAQ o material necesario, os pasos a seguir, etc; para levar a cabo a observación.

Desconectado Javier

  • AG'11
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1280
  • Karma: 14
  • Sexo: Masculino
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #83 en: 23 de Octubre de 2012, 20:03:25 »
Fixen algún troco na distribución dos foros e subforos do CMON. Xa me diredes se van por ahí os tiros.

Por min está ben  :great:
"Eppur si muove..."

www.clubevega.org
astronabeira.blogspot.com

Desconectado rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo
  • *****
  • Mensajes: 367
  • Karma: 20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #84 en: 24 de Octubre de 2012, 07:06:59 »
Por min tamén.
Por certo, que me cambio de operador de ADSL estes días e estarei un par de días sen conexión.
Saúdos.

Desconectado RICK

  • ECL
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1037
  • Karma: 22
  • Sexo: Masculino
    • MSN Messenger - castropetre@hotmail.com
    • Ver Perfil
    • Puntitos en el Cielo
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #85 en: 25 de Octubre de 2012, 00:53:09 »
Pois se o tempo esta ben tentaría mirar o tema pra a noite do día 3... ainda que todo o tema software non o controlo, tentaría facer algo cunha exposición larga coa canon (se atino na estrela adecuada  :oops:)
Cada ocultación, ou noites de ocultaciós deberiamos poñelas en un tema aparte... o das "chinchetas" que fala Canedo estaría ben, unha por cada sistema de traballo, unha pra temas informáticos e outro pra documentación.... por iso de non andar adiante e atrás no mismo fio (que xa leva montón de follas.....
« Última modificación: 25 de Octubre de 2012, 00:56:41 por RICK »

Desconectado salva

  • ECL
  • Semi-Apo
  • *****
  • Mensajes: 489
  • Karma: 16
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #86 en: 08 de Noviembre de 2012, 10:07:01 »
-noite do 9 de novembro:
Estrela de magnitude 10,9 por INAG:
http://www.euraster.net/pred/20121109%203056%20INAG%2010.9.gif
Boa en toda Galicia.


        Pois aínda que as previsións meteorolóxicas son horrendas, estaremos preparados e co equipo a punto.
        Apertas!
        s.


Desconectado Camilo

  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 1468
  • Karma: 10
    • Ver Perfil
    • http://www.astrocamy.blogspot.com
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #87 en: 08 de Noviembre de 2012, 12:57:46 »
Pois fai un par de dias estiven localizando a estrela de marras que está preto de iota Auriga e beta Taurus para ver se o horizonte me permite ollala.Pero me parece que o venres dormiremos porque o ceo vai estar ocultado.
Bicos

Desconectado rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo
  • *****
  • Mensajes: 367
  • Karma: 20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #88 en: 08 de Noviembre de 2012, 16:47:05 »
Ola:
As previsións meteorolóxicas para INAG non son nada boas para Galicia. Pode haber sorpresas pero a priori teremos choiva en calquera punto de Galicia. Eu tamén estarei atento.
Saúdos.

Desconectado rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo
  • *****
  • Mensajes: 367
  • Karma: 20
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Próximas ocultacións de estrelas por asteroides.
« Respuesta #89 en: 08 de Noviembre de 2012, 19:20:07 »
Ola a todos:
Xa están engadidas á base de datos de Euraster as observacións que fixemos das últimas ocultacións:

Da observación positiva de Tergeste:
http://www.euraster.net/results/2012/index.html#0930-478

Das observacións negativas de Toatenmongakkai este é a ligazón:
http://www.euraster.net/results/2012/index.html#1021-3935

A ver se mellora o tempo e podemos observar algunha máis de aquí ó Nadal.
Saúdos.