Autor Tema: AstroGalicia12: aloxamento e actividades para acompañantes  (Leído 718 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

29 de Agosto de 2012, 00:24:17

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2350
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
AstroGalicia12: aloxamento e actividades para acompañantes
« en: 29 de Agosto de 2012, 00:24:17 »
Achégase o mes de setembro e, os que esteades interesados en asistir á AstroGalicia e aloxarvos na zona, tede en conta un par de cousas:

- A partires do 1 de setembro sobe o IVE do 8% ao 10%. Así que non demoredes as vosas reservas pois é previsible que haxa un pequeno axuste de tarifas  :rules:

- Acaba de presentarse a "Maratón de montaña Penedos do Lobo" que ese mesmo fin de semana se celebra na zona de Manzaneda - A Pobra de Trives. Os que non queirades aloxarvos no albergue nin no aloxamento de turismo rural da Casa do Comediante (a 8 minutos da zona de AstroGalicia), non descoidedes a busca de aloxamento por se acaso. Supoño que será máis sinxelo no concello de Castro Caldelas que no da Pobra de Trives.

- Durante a AstroGalicia contaremos cun par de monitoras en prácticas no albergue que realizarán diversas actividades para os acompañantes dos inscritos (pequenos e adultos). Entre elas e, con horario diverso, contaremos con:
-- Tiro con arco.
-- Geocaching.
-- Ruta de sendeirismo.
-- De xeito libre tamén contaredes con información turística da zona e lecturas para idades diversas.
-- Se os cativos queren levar a súa bici, espazo hai abondo para andar nela con total seguridade. Para os maiores, se non queredes levar a vosa bici, contamos con servizo de aluguer de bicicletas de montaña.

- O domingo, según se dea a noite de observación, realizaremos unha ruta dun par de horas ou de algo máis. Dependerá do tempo do que dispoñamos, realizaremos a ruta dos Biocos (as antigas minas romanas de ouro) ou a ruta da Fraga.