Autor Tema: AstroGalicia12: concurso de camisetas  (Leído 863 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

29 de Agosto de 2012, 00:07:21

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2378
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
AstroGalicia12: concurso de camisetas
« en: 29 de Agosto de 2012, 00:07:21 »
Pois si, en colaboración coa tenda de camisetas Lobisome decidimos facer un pequeno concurso. Trátase de idear un lema, frase ou semellante simpático para o deseño de camiseta da imaxe que adxunto. A frase escollida recibirá de premio... un exemplar da camiseta (que enviaremos a calquera parte de España)  :na:. Evidentemente, esa camiseta imprimirase para ser vendida durante a festa astronómica deste ano.  :whistle:

Animádesvos?

Podedes participar neste foro ou no feisbuc do Albergue dos Biocos (amigádevos os que andedes nesas leas das redes sociais) onde tamén se propón este concurso. O luns 3 de setembro, ás 12:00 horas, pecharemos a recepción de propostas e escolleremos a que nos pareza máis simpática.

Tiñamos en mente facer outro concurso algo máis ambicioso, onde se puideran incluso propoñer deseños, ideas ou debuxos para camisetas relacionadas coa astronomía, a carreira espacial ou similares. Pero por falta de tempo quedará para o ano que vén.