Autor Tema: Ocultación de estrela brillante na noite do 9 de xullo.  (Leído 966 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

22 de Junio de 2012, 08:24:16

rimarzoa

  • FED
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 366
  • Karma:
    20
    • Ver Perfil
    • Email
Ocultación de estrela brillante na noite do 9 de xullo.
« en: 22 de Junio de 2012, 08:24:16 »
Ola a todos:

De novo voltamos á carga cunha ocultación bastante interesante e relativamente doada de observar. Na noite do 9 ó 10 de xullo produciráse unha ocultación dunha estrela de magnitude 8.9 polo asteroide Markrobinson (coñecido na súa casa á hora de comer). Aquí tedes a ligazón á información coa última
predicción:

http://asteroidoccultation.com/2012_07/0710_7778_27842.htm

Dado que a estrela é relativamente brillante é axeitada para observala con equipamento modesto: coas cámaras Watec e un telescopio de 9 ou 10 cm podería valer. Quizáis tamén se podería tentar observar cunha webcam, pero neste caso, dado que son menos sensíbles, sería necesario un telescopio maior para recoller máis luz, e habería que facer probas antes para comprobar que se ve a estrela coa configuración instrumental.

A estrela é doada de atopar dado que ten preto outras estrelas brillantes (épsilon Andromedae a uns 2º). O único inconvinte que hai é que a ocultación se producirá coa estrela a uns 25º de altura sobre o horizonte E.

A franxa de ocultación é bastante estreita e pasa por Lugo, Ourense e o E da provincia de Pontevedra. Aínda así, ten unha incertidumbre grande que abrangue case toda Galicia e podería ser que se observara a ocultación dende calquera outro punto.

Hai varias opcións para observar a ocultación:

-Usando as cámaras Watec (ou webcam) como fixemos noutras ocasións, sincronizando por NTP.
-Usando unha cámara CCD ou unha cámara DSLR en modo drift-scan.
-Usando unha cámara DSLR en modo vídeo para o cal habería que gardar uns sináis horarios fiables (onda corta ou similar).
-Visualmente, cronometrando a ocultación cun reloxo ben posto en hora con sináis horarios fiables. Este método é o máis impreciso.

Un saúdo.
Ramón.



Respuesta #122 de Junio de 2012, 09:31:00

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 904
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Ocultación de estrela brillante na noite do 9 de xullo.
« Respuesta #1 en: 22 de Junio de 2012, 09:31:00 »
Pois conta con nos e a ver si esta vez sae ben todo.