Eu propoño dous nomes (polo momento):
-
Javier Armentia, director do
Pamplonetario, excéptico militante e excelente comunicador. Supoño que podería falar de calquera tema divulgativo. Algo de contacto con el teño (foi invitado á segunda AG pero non tiña datas), e tamén o coñecen na Coruña.
- Eugenio Fernández Aguilar, autor do libro "La conspiración lunar: ¡vaya timo!". Ademais é bloguero e, unha charla cun título así de provocador, pode vir ben.
Teño máis nomes na cabeza e, como é o momento de pedir (por iso dos reis magos, que nin eran reis nin eran magos, haberá que aproveitar), cando alguén propoña máis cousas seguirei disparando.
