Autor Tema: Queixámonos de vicio - Radar meteogalicia  (Leído 2465 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

03 de Marzo de 2011, 20:34:19

Pablo Canedo

  • Administrador
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 1808
  • Karma:
    50
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
    • Astromanía
    • Email
Queixámonos de vicio - Radar meteogalicia
« en: 03 de Marzo de 2011, 20:34:19 »
Levo controlando de forma enfermiza o novo trebello de Meteogalicia dende que empezou a estar operativo fai pouco máis dun mes.

O tema e que hai algo que me mosquea bastante, hai un punto no norte de Lugo onde, ou o aparato tolea ou onde os habitantes deben de ter xa branquias.

En serio, pinchade en calquera día a voleo, chove sejido!! O dito, non volvo a queixarme do clima


Respuesta #103 de Marzo de 2011, 20:36:47

Pablo Canedo

  • Administrador
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 1808
  • Karma:
    50
  • Sexo
    Masculino

    Masculino
    • Ver Perfil
    • Astromanía
    • Email
Re: Queixámonos de vicio - Radar meteogalicia
« Respuesta #1 en: 03 de Marzo de 2011, 20:36:47 »
Por certo, o link, para aforrarvos tempo:

http://www.meteogalicia.es/web/observacion/radar/radar.action

Respuesta #203 de Marzo de 2011, 20:54:54

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2358
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re: Queixámonos de vicio - Radar meteogalicia
« Respuesta #2 en: 03 de Marzo de 2011, 20:54:54 »
Pois o mapa de lóstregos caídos tampouco está mal. Creo que teñen un dos detectores no Rodicio (preto de Maceda, a 30 km de Ourense). E teñen pillado algún caído en Extremadura.

Respuesta #303 de Marzo de 2011, 21:25:05

africano

  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • **

  • 347
  • Karma:
    4
    • Ver Perfil
Re: Queixámonos de vicio - Radar meteogalicia
« Respuesta #3 en: 03 de Marzo de 2011, 21:25:05 »
hai algo que me mosquea bastante, hai un punto no norte de Lugo onde, ou o aparato tolea ou onde os habitantes deben de ter xa branquias.

E non será a chimenea das Pontes xerando néboas para toda a parroquia  :he:
Sí home, sí

Respuesta #417 de Marzo de 2011, 17:02:17

salva

  • ECL
  • Semi-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 489
  • Karma:
    16
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Queixámonos de vicio - Radar meteogalicia
« Respuesta #4 en: 17 de Marzo de 2011, 17:02:17 »


     Pois nada como ir botar un ollo directamente ao radar ese, ouh?  ;)

     Cópiovos íntegra unha nota de MeteoGalicia que acaba de chegarnos, por se é de interese para alguén.

     Apertas,
     salva


-----------------------------------------------------------------------------

Xornada de Portas Abertas

MeteoGalicia e Radar Meteorolóxico

23 de marzo do 2011

Cada ano o 23 de marzo celébrase o Día Meteorolóxico Mundial dedicado cada ano a
un tema elixido. Ese día conmemora a entrada en vigor en 1950 da Convención da
Organización Meteorolóxica Mundial, creándose dita Organización. En 1951 foi
designada como unha axencia especializada das Nacións Unidas.

Este ano o tema seleccionado é “O clima para ti”. Elixindo este tema quere chamarse a
atención sobre o papel da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) con
contribucións clave para a seguridade, benestar e progreso económico da poboación
mundial. Xustamente, as vindeiras accións da OMM irán encamiñadas ó obxectivo de
diminuír á metade para o ano 2019 o número de mortes por desastres debidos a causas
meteorolóxicas, tomando como referencia a media: 1994-2003.

Desde MeteoGalicia, recollendo estas iniciativas, queremos achegar o traballo diario en
Meteoroloxía e Climatoloxía á sociedade, levando a cabo unha xornada de portas
abertas durante o 23 de marzo deste ano. Neste día poderanse visitar as instalacións de
MeteoGalicia en Santiago de Compostela, onde se explicará o funcionamento dos
distintos departamentos de MeteoGalicia, cómo se elabora a predición, ferramentas que
se empregan, rede de estacións meteorolóxicas, etc. Nesta visita poderá accederse á sala
onde se elaboran os prognósticos meteorolóxicos diariamente. Desta forma poderán
observar como usan as persoas encargadas dos prognósticos a información dispoñible
que se pode dividir en dúas partes diferenciadas. Por unha banda verán como chega a
información das estacións meteorolóxicas distribuídas polo territorio, de forma que se
pode saber o que acontece en toda Galicia, e como esta información se complementa
coas imaxes do satélite Meteosat, coa información que chega do Radar meteorolóxico,
os datos que aporta a rede de detección de raios ou o sistema de radiosondaxe. Con toda
esta información o meteorólogo ten unha idea clara do estado real da atmosfera. Isto
sérvelle para facer o seguimento da situación e tamén como punto de partida para poder
prognosticar adecuadamente. A continuación se explicará a principal ferramenta para
facer os prognósticos. Estas ferramentas son os modelos meteorolóxicos, que están
baseados nas ecuacións que explican a dinámica atmosférica. Estas ecuacións son moi
complexas e teñen que ser resoltas en grandes ordenadores, no caso de MeteoGalicia no
Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Nesta parte da explicación veremos
como os modelos nos indican como se moverán os centros de acción, anticiclóns ou
borrascas, e en función desa dinámica poderemos prognosticar a meteoroloxía para cada
punto de Galicia nas seguintes xornadas. Loxicamente, tanto a parte dos sistemas de
medición como á dos modelos numéricos necesitan equipos que manteñan e actualicen
os sistemas, de forma que explicando a metodoloxía da elaboración dos prognósticos
aparecerá claramente a estrutura dun centro meteorolóxico como MeteoGalicia, e a
necesidade de contar con equipos especializados en predición numérica e no
mantemento dos datos e das estacións. Igual de importante resulta o equipo que matén
as bases de datos e permite a publicación áxil da información na páxina web de
MeteoGalicia.

Tamén se poderá visitar o radar meteorolóxico localizado en Cuntis no monte Xesteiras,
enclave privilexiado para a observación e seguimento da precipitacións asociada,
fundamentalmente, ás frontes atlánticas. O radar meteorolóxico é unha ferramenta
imprescindible para prognosticar en condicións de chuvia. En esencia se trátase dun
emisor de ondas electromagnéticas na parte do espectro chamado microondas. A
particularidade é que a lonxitude de onda desta emisión é comparable co tamaño das
gotas de auga, de forma que se as microondas atopan unha fronte de chuvias, parte da
emisión rebotará e será medida na antena do radar. Desta forma en función do que
chegue reflectido (reflectividade), poderá saberse a cantidade de chuvia que pode caer, e
saber se temos risco de pedrazo ou neve. As aplicacións prácticas do radar entran en
xeral dentro do que se coñece como ‘nowcasting’ xa que nos aporta información moi
valiosa e fiable, pero para un período de poucas horas.

Estas actividades van destinadas a colexios, institutos, asociacións culturais e público en
xeral. O prazo de inscripción estará aberto ata o día 22 de marzo as 12 do mediodía.

Horarios de visita
MeteoGalicia. Rúa Roma nº6 en Santiago de Compostela.
Dende as 11:00 ata as 19:00 en grupos de 15 persoas cada hora.
Radar Meteorolóxico do Monte Xesteiras en Cuntis.
Dende as 10:00 ata as 13:00 y dende as 14:00 ata as 18:00 en grupos de 12
persoas cada hora.

Toda a xente interesada podera inscribirse vía correo eléctrónico no enderezo
xornada.meteogalicia@meteogalicia.es indicando necesariamente,
emprazamento da visita,
nome e NIF,
horas mais axeitadas para realizar a visita,
correo electrónico para enviar a confirmación da hora da visita

Respuesta #505 de Abril de 2011, 22:25:47

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2358
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re: Queixámonos de vicio - Radar meteogalicia
« Respuesta #5 en: 05 de Abril de 2011, 22:25:47 »
Mira ti que curioso o tema... parecer ser que a culpa a teñen os aeroxeradores. A ver como desenguedellan a lea, porque o teñen claro  :rofl: