Autor Tema: Presentación de AstroGalicia en Marín (Pontevedra)  (Leído 2134 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

03 de Agosto de 2010, 18:59:49

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2367
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Presentación de AstroGalicia en Marín (Pontevedra)
« en: 03 de Agosto de 2010, 18:59:49 »
Será o venres 20 de agosto, por mediación dunha entidade cultural local (cando teña o nome concreto xa o porei por aquí). O lugar, en principio, na zona da igrexa, aínda que está por confirmar a visibilidade do lugar. Contamos coa colaboración do concello para apagado de iluminación (a ver se cunde) e permitir acceder cos vehículos. A hora está por confirmar.

A asociación local moverá o tema de prensa, cartelería e, incluso, comprométense a botar unha manciña para a venta de rifas. Que máis se pode pedir?

Así que se che apetece vir co teu telescopio. avísanos para contar contigo. A ver os compis da zona, especialmente de Pontevedra. Pero tamén aqueles que queirades coñecernos de preto ou ter unha primeira experiencia de observación telescópica, estades invitados.

Polo momento xa contamos cos telescopios de Pablo, Hugo, meu... e supoño que se irán sumando máis agora que é público.

Como vedes, un mes intenso con AG10 de xira por todo o país.  :party:

Respuesta #103 de Agosto de 2010, 19:19:16

kepler_t2kr3

  • Super-Apo

  • Desconectado
  • ****

  • 830
  • Karma:
    1
    • Ver Perfil
    • Ourense Astronómico
Re: Presentación de AstroGalicia en Marín (Pontevedra)
« Respuesta #1 en: 03 de Agosto de 2010, 19:19:16 »
pois ésta creo que vai a ser a única forma para que faga algo de turismo e me mova da casa. s234

Respuesta #218 de Agosto de 2010, 12:03:50

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2367
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re: Presentación de AstroGalicia en Marín (Pontevedra)
« Respuesta #2 en: 18 de Agosto de 2010, 12:03:50 »
Presentación Oficial de AstroGalicia 2010 en Marín (Pontevedra)


AG10 de xira polo noroeste. Tralas presentacións de Ourense (co apoio de Ourense Astronómico e Obradoiro de Astronomía da Asociación Cultural Foula, así como Concellería de Cultura) e de Valdeorras (organizado polo axente local Rick e o apoio de Ourense Astronómico, AstroVigo e Cielo Barbanza ademais do Concello do Barco de Valdeorras) agora imos á costa.

Localidade: Marín (Pontevedra).
Lugar: Praza Eguren. A noite estará centrada na Lúa, dado o tamaño que ten, así como planetas e algunha outra cousa luminosa. En principio contamos con apagado lumínico.
Data: 20 de agosto, venres.
Horario: de 21:00 a 1:00 A. M.
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín, coa colaboración do Concello de Marín.

E o resto de asociacións, a que agardades? Queres contar coa "caravana AG10" na túa localidade? Cada vez queda menos tempo e menos datas  :rules:

Respuesta #319 de Agosto de 2010, 22:33:05

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 899
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Presentación de AstroGalicia en Marín (Pontevedra)
« Respuesta #3 en: 19 de Agosto de 2010, 22:33:05 »
Niste momento hai una brétema por aquí que non se ve nadiña.  A ver si mañá aclara. :666:

Respuesta #419 de Agosto de 2010, 23:16:17

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2367
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re: Presentación de AstroGalicia en Marín (Pontevedra)
« Respuesta #4 en: 19 de Agosto de 2010, 23:16:17 »
Niste momento hai una brétema por aquí que non se ve nadiña.  A ver si mañá aclara. :666:
Na previsión dan brétemas matutinas para o venres e o sábado. O caso será saber cando aparecen... aínda que Pontevedra está moi, moi lonxe de Marín  :666:

Por se acaso traede os filtros lunares, que xa está moi potente.

Respuesta #521 de Agosto de 2010, 13:06:47

DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 2367
  • Karma:
    31
  • Texto personal
    Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re: Presentación de AstroGalicia en Marín (Pontevedra)
« Respuesta #5 en: 21 de Agosto de 2010, 13:06:47 »
Chegamos, vimos e vencimos  :na:

Según os organizadores locais houbo unha chea de xente. Na liña da observación da semana pasada en Valdeorras, quizais unhas 100 persoas distintas ao longo da noite (ou algo máis). Ben é certo que un grupo de 20-30 persoas foron fieis durante 2 ou 3 horas que fomos saltando de obxecto en obxecto ou viñeron antes e despois de cear, para ver como andaba a cousa.

A organización, encantadora e súper-atenta. Trouxéronnos augas para aclarar a gorxa, bocadillos quentes de xamón, apagaron as luces de toda a praza.... e venderon 100 rifas!!! Que máis se pode pedir  :party:

Quedaron encantados (como me recoñecían ao remate, en "petit comité", coas explicacións de Hugo sobre as constelacións e demais. Seguro que non se decatou de que estaba rodeado, en certo momento, por unhas 15-20 persoas oíndo as súas palabras e seguindo os trazos do seu láser verde no ceo.

Cos catro telescopios que montamos puidemos ver a Lúa (creo que algún lle meteu máis de 400 aumentos para sobrevolar Gassendi), Xúpiter e os seus satélites, Andrómeda, M13 e supoño que algunha cousiña máis. A mágoa foi que non viñera alguén máis da zona (Pontevedra, Vigo...) cos seus telescopios, pois había varias persoas moi, moi interesadas en facer actividades ao longo do ano. Iso si, levaron referencias web para contactar no futuro.

A "xira circense" de AstroGalicia 2010 segue en marcha. A este paso, haberá que mercar unha carpa de colorines como os profesionais. Cal será o próxima parada??

Saúdos.

Respuesta #621 de Agosto de 2010, 14:57:05

hugogr

  • AG'12
  • Super-Apo

  • Desconectado
  • *****

  • 899
  • Karma:
    14
    • Ver Perfil
    • Email
Re: Presentación de AstroGalicia en Marín (Pontevedra)
« Respuesta #6 en: 21 de Agosto de 2010, 14:57:05 »
Certo. Ainda que co Autostar do telescopio morto e tendo que apuntar a man cada pouco a verdade e que se pasaron as tres horas que estivemos moi depresa. A xente, coma sempre, moi curiosa interesada e a organización  8). Pasaba das doce e media e seguía a haber un bó monton de xente saltando dun telescopio a outro para volver a ver xúpiter ou a lúa. ¿Cal e a seguinte?