Autor Tema: Programa de Astrogalicia 2010: as charlas xerais ou conferencias  (Leído 1674 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2392
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Programa de Astrogalicia 2010: as charlas xerais ou conferencias
« en: 15 de Diciembre de 2009, 22:33:35 »
Iniciamos unha serie de fíos (3 en total) para captar ideas e suxestións sobre o programa da vindeira edición da Astrogalicia 2010. Segue aberto o debate de datas e lugares, polo que estes se suman á vosa participación.

Como a mediados de xaneiro vai ter lugar en Granada o III Reunión Anual do AIA-IYA2009, contando con que vai haber representación galega, pode ser un bo lugar para facer "fichaxes" para no noso evento.

Hai 3 fíos en paralelo: sobre a estrutura do evento, sobre ideas para as charlas e sobre ideas para os obradoiros ou grupos de traballo. Non vos enleedes :intello:


Falemos aquí das conferencias ou charlas ou ponencias xerais. Esas dirixidas para todos os asistentes, a todos os inscritos e abertas tamén a toda a poboación en xeral.

Como comentabamos o ano pasado, agora é o momento de soñar.  :yipi:

Así que a pregunta é ou, mellor dito, as preguntas son:

- A quen che gustaría escoitar na edición da AG'1010?

- Que temática quererías gozar nestas charlas ou conferencias plenarias?
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)