Foro patrocinado por:

Autor Tema: Resultados de la reunión preliminar...  (Leído 2900 veces)

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2387
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Resultados de la reunión preliminar...
« en: 24 de Septiembre de 2008, 17:34:08 »
Tras un lixeiro atraso pola puntualidade dos asistentes  :whip: e a que o lugar de encontro estaba ocupado, procedemos a comentar temas da organización da Astrogalicia 08.

1. Procedemos á segunda parte do sorteo: o ocular e o PowerTank. Resultado na sección respectiva do foro de Astrogalicai08.

2. Para cubrir o déficit desta edición pasada, dúas solucións. Rematar coas existencias de camisetas (quedan unhas 30 de talla L), a prezo de rebaixa. Preparar o sorteo dun telescopio que poida interesar aos asistentes a este foro, tratando de conseguir o material a prezo de custe dalgunha tenda de astronomía. Deste xeito, reducimos o déficit desta edición e, de quedar algún sobrante, pasaríase á edición do ano 2009.


Sobre a Astrogalicia 2009:
1. Anotamos aos interesados nunha primeira comisión organizadora. Como organizacións interesadas e cabezas visibles por parte de cada unha figuran: Asociación Astronómica Ío (Óscar), Asociación Astronómica Rías Baixas (Pablo) e Astrovigo (Dosi, temporalmente).

2. Falamos de pros e contras das datas para o próximo ano, así como de lugares viables ou interesantes.

3. Marcamos o mes de outubro como prazo máximo para escoller a data da edición do ano 2009.

4. Abrimos esta sección do foro de Astromanía (grazas P. Canedo) para que todo o mundo que o desexe poida colaborar activamente en todo o relacionado co evento.

5. A "pre-comisión" organizadora está aberta á participación de todo aquel que estea interesado en aportar ideas, tempo e/ou ganas de traballo. Nas vindeiras semanas e/ou meses iremos abrindo os respectivos fíos temáticos para tratar aquelo que poida ser de interese na Astrogalicia 2009.

Nota: esta información correspóndese só coas miñas notas. O resto dos presentes podedes engadir, eliminar ou corrixir aquelo que creades que está equivocado.

Un saúdo.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)

Desconectado DosiVeiga

  • AG'12
  • Ortho-Apo
  • *****
  • Mensajes: 2387
  • Karma: 31
  • Decoding astronomy since 20th century
    • Ver Perfil
    • APOD da NASA en galego
Re: Resultados de la reunión preliminar...
« Respuesta #1 en: 01 de Noviembre de 2008, 20:21:44 »
A vista do gran éxito deste subforo sobre o Astrogalicia 2009 (case 200 lecturas), iremos iniciando varios fíos paralelos para discutir varios temas:
1. Datas.
2. Lugares.

Máis adiante xa irán aparecendo outros temas, según vaiamos asentando o equipo de traballo e solucionado os temas anteriores. Como estructura, contidos e actividades para a Astrogalicia 2009.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)