Mensajes recientes

Páginas: 1 [2] 3 4 ... 10
11
Planetaria / Re:Diaporama del eclipse parcial de Sol de 1996
« Último mensaje por Paco Fdez en 05 de Diciembre de 2017, 01:25:01 »
Felicidades monje. Unas tomas excepcionales.
Me has hecho recordar y en cierto modo reavivar la ilusión de los momentos pasados.
Un saludo.
12
Gran campo y cielo profundo / Re:A primeira Astrofoto...
« Último mensaje por monje en 04 de Diciembre de 2017, 17:39:18 »
Pues para la época, están muy bien.....

Yo tenía también alguna foto de constelaciones (o sea: gran campo) hechas con analógica....

He de buscarlas....  :mdr:

Secundo a Pablo animándoos a enseñar aquí vuestras analógicas.

Saludos.
13
Gran campo y cielo profundo / A primeira Astrofoto...
« Último mensaje por Pablo en 04 de Diciembre de 2017, 16:52:41 »
A raíz do Diaporama da Eclipse Solar de 1996 publicado polo compañeiro Monje no fio de "Planetaria", ocorreuseme buscar as miñas primeiras astrofotos... si aquelas feitas con medios analóxicos, e atopeinas.

Vounas colgar aquí e a ver se alguén mais se anima a sacar as súas "vergoñas" pero que naquel momento foron grandes éxitos persoais  :yipi:.

Neste caso os datos son:

Lugar: Alto de Fontefría (si, xa okupabamos ese monte daquela).
Data: 12/08/2002 (a idea era cazar Perseidas... obviamente).
Cámara: Pentax Program A (prestada por un familiar, semanas despois e animado polo rotundo éxito logrado merquei unha Olympus OM1 de segunda man).
Lente: 50mm - f1.8.
Técnica:Pois salvo a Circumpolar que foi con cámara sobre trípode o resto era PiggyBack sobre o Bluestar 200/1000 e unha EQ5.

*Non lembro exactamente a película empregada, pero sei que era Fujifilm 1600 ISO.
**Revelado en tenda coa súa correspondente nota "fotos de estrellas, salen puntitos sobre fondo oscuro".
***Escaneadas na casa para poder subilas a rede de redes.

Campo de M31.


Doble de Perseo.


Circumpolar.


Unha Perseida. :yipi: :yipi: :yipi:

14
Planetaria / Re:Diaporama del eclipse parcial de Sol de 1996
« Último mensaje por Pablo en 04 de Diciembre de 2017, 16:27:38 »
Estas cousas fan recordar o meritazo que tiña calquera astrofotografía obtida por afeccionados na época das cámaras analóxicas, cando non podías ver inmediatamente nunha pantalla se os parámetros que empregabas eran os correctos, e os resultados dun carrete permanecían nunha incógnita tremenda ate o momento do revelado, que por outra banda era toda unha odisea.

Bravo Monje  8).

P.D. o único que boto en falta desa época son os envases dos carretes que tanto servían para gardar tornillería como para facer un colimador  :yes: :smile:
15
Xeral / Re:VI edición do Workshop CMON
« Último mensaje por Pablo en 04 de Diciembre de 2017, 16:13:08 »
Desde o meu punto de vista, non vivimos nun "mundo ideal" onde este tipo de iniciativas son apoiadas exclusivamente polo seu valor cultural, científico, etc.

Tendo claro esto, todos sabemos, por experiencias propias no mundo das asociacións, que para poder chegar a facer realidade proxectos como o presentado, temos que tirar de "vender" de cara ao gran público ou de cara a quen ten capacidade para facelo económicamente viable, cousas digamos que mais materialistas as cales leven da man a nosa idea que segue a estar movida por unha afición ou paixón, neste caso pola Astronomía e a súa divulgación.

A idea presentada paréceme algo formidable e ademais neste caso, ben asesorada por compañeiros que saben sobradamente do que falan, pero o final as institucións demandarán e executarán o que queiran e o que lles pareza que lles pode reportar vantaxes de outra índole. Penso que a clave está precisamente en estar ahí para garantir que a balanza entre os desexos de uns e outros permaneza o mais equilibrada posible e que o gasto sirva para uns e outros.

Dito esto, estou completamente dacordo en algo que se comentou no debate surxido na CMON, o lugar (A Veiga) reune todas as características para ser (en parte xa o é) referente e modelo da actividade astronómica de Galicia: unha paisaxe e un ceo maravilloso dos mellores da comunidade, equipamentos hosteleiros, boa comunión coas súas xentes e posiblemente o mais importante, unha aposta decidida desde o Concello por potenciar o chamado "turismo astronómico" como un atractor mais cara a esas terras, posiblemente con razóns e obxectivos que difiren dos nosos pero que afrontados de xeito equilibrado poden reportar cousas positivas a tódalas partes implicadas e por extensión á sociedade.
16
Xeral / Re:VI edición do Workshop CMON
« Último mensaje por Pablo Canedo en 04 de Diciembre de 2017, 14:54:31 »
Agora que me releo creo que igual parece que no meu parrafo inicial critico a labor de Ramón como moderador, nada máis lonxe. Insisto en que seguro que foi unha apreciación miña máis que nada que xa sabedes que me poño moi nervioso nesos eventos e non me rixe ben... eu na súa situación alargaría o debate durante horas aínda que tivéramos que cear alí. Insisto, gracias Ramón e Salva por permitirnos gozar do CMON ano tras ano.

E acerca da segunda parte da mensaxe, vexo que quedou un pouco en plan ''perdón por querer comer''. Non penso editala  :mdr:
17
Xeral / Re:VI edición do Workshop CMON
« Último mensaje por Pablo Canedo en 04 de Diciembre de 2017, 14:52:28 »
Pois súmome ás felicitacións! Grazas á organización por facer posible unha nova edición do CMON.

E agora a maza  :mdr: Unha parte dunha resposta que ia a ser privada pero que me quentéi un pouco e a vou a deixar por aquí a ver se non me dades de paus:


...para nada, o debate pareceume moi interesante e necesario, aínda que debo recoñecer que no momento sí que me molestou un pouco o xiro que dou o formato das presentacións que ata ese instante se limitaba a exposicións breves con un par de preguntas posteriores, todo ben cronometrado e na de Óscar se abriu un debate acerca de como se invirten os cartos de todos no que para responder tiñamos que esperar turno de palabra. Debate que quedou inevitablemente vinculado ós proxectos que nos presentábamos. Que tamén é certo como puideches comprobar, que de momento, non había moito que presentar e por eso insistín moitísimo en non facela para este CMON.

Tamén me resulta curioso que non son capaz de recordar que este debate tivera lugar en proxectos similares previos, nin sequera cando se instalou un telescopio 4 veces máis caro que o que se planeaba instalar en A Veiga no centro de Lalín con un uso posterior (supoño) meramente decorativo.

Supoño entón que esto pode deberse a que hai unha empresa facéndose rica metendo movidas raras na cabeza de políticos ourensáns. Os que realmente nos coñecen a Óscar e a min xa poden deixar de ler aquí porque saben que esto non é certo, para os demáis, uns cuantos datos:

Trevinca Skies naceu para un único fin, un proxecto vello xa que leva máis de unha década na miña cabeza. Facer un conxunto de casetas/observatorios baixo o mellor ceo do País, no que varios afeccionados poidéramos compartir os elevados custes de electricidade, comunicacións e seguridade deste tipo de instalacións. Este é o seu único obxetivo, o resto dos servicios que prestamos son ''añadidos'' que inventamos co único fin de pagar os autónomos mentras o proxecto non sae adiante. Se reparedes un momento nos prezos que estimamos para o alquiler das prazas nas nosas futuras instalacións, vos percataredes de que son ridículos comparados con outros proxectos similares nacionais, e xa non digamos internacionais que poden supoñer ata 10 veces o noso prezo.

O formato empresarial da entidade que finalmente vai a levar adiante o proxecto, débese entre outras razóns de natureza similar, a que ninunha das persoas (salvo Óscar) ou agrupacións ás que se lle propuxo colaborar no proxecto ou incluso realizalo dentro do seu seno, ben por motivos económicos ou outros que descoñezo, o estimaron oportuno.

Nin Trevinca Skies, nin Óscar nin eu mesmo cobramos nunca un céntimo ata este ano 2017 que se lle facturaron ó concello  3 actividades dibulgativas (perseidas, eclipse e outra que non me lembro) o que seguramente representará un 1% de todas as que leva feito oscar alí for free.

Xa estou bastante acostumado a todo tipo de insinuacións acerca da nosa relación coas autoridades locais e provinciáis da zona e xa me resbala bastante todo eso. Ben é certo que despóis de anos de adicarlle moito tempo e cartos na nosa colaboración co concello de A Veiga, sí que escocen un pouco algúns comentarios (non falo dos vertidos no CMON)

E xa para rematar, igual nos deberíamos facer mirar que ante un proxecto tan (está mal que o diga eu, xa o sei) chulo como polo que está apostar A Veiga, as únicas preguntas, comentarios, aportacións que xurden sexan enfocadas hacia por qué alguén vai a gastar en ciencia e divulgación unha cantidade similar á que Vigo invertirá na iluminación de nadal. Se queredes abrimos outro tema e seguimos.
18
Planetaria / Diaporama del eclipse parcial de Sol de 1996
« Último mensaje por monje en 04 de Diciembre de 2017, 12:56:33 »
Aunque hace ya algún tiempo que lo subí, comparto ahora aquí esta composición hechas con las fotografías que hice durante el eclipse parcial de Sol de 1996...

https://www.youtube.com/watch?v=_RpcD7FV2rU

Espero ir metiéndome en estos temas y estar preparado para el eclipse de Chile.... :)

Saludos y cielos claros.


19
Xeral / Re:VI edición do Workshop CMON
« Último mensaje por DosiVeiga en 04 de Diciembre de 2017, 11:50:01 »
Únome aos parabéns de Pablo cara aos organizadores.

O CMON comezou forte, coa historia de Martin Pawley sobre o nacemento do cinema para a astronomíamoi interesante. Non se pode chegar tarde a estes sitios que te podes perder o mellor  :666:
Unha boa experiencia de xestión de comunicación nas asociacións (nota mental para outros, está todo inventado, só fan falla gañas e currantes e, sobre todo, planificación da estratexia), inmersión matemática, espectacular as posibilidades das ocultacións para afeccionados, xente nova facendo cousas marabillosas divulgativas (pronto seredes fichados para outra), proxectos asados, proxectos agochados (que pouco a pouco van saíndo á luz) e proxctos futuros para seguir enleando.

Ah, e como creo que alguén non presente merece unha desculpa, onte de camiño ao CulturGal parei na praia de Cesantes e nada máis saír do coche atopei unha fermosa estampa da ponte de Rande (curiosamente sen as illas Cíes) coa illa de San Simón e por diante, medio mergullado, o monumento a #JulesVerne (era marea alta). Como non caben aquí as imaxes fixen un textiño no feisbuc dos www.ceosgalegos.com. Este é o Artigo no feisbuc  :666:
20
Xeral / Re:VI edición do Workshop CMON
« Último mensaje por Pablo en 03 de Diciembre de 2017, 12:26:31 »
Pois xenial coma sempre.

Mil grazas a organización e tamén aos relatores deste ano por unha xornada  8) 8) 8)
Páginas: 1 [2] 3 4 ... 10