Mostrar Mensajes

Esta sección te permite ver todos los posts escritos por este usuario. Ten en cuenta que sólo puedes ver los posts escritos en zonas a las que tienes acceso en este momento.


Mensajes - rimarzoa

Páginas: [1] 2 3 ... 24
1
Xeral / Ocultación polo TNO 2005CB79 na noite do 23 de marzo.
« en: 20 de Marzo de 2017, 12:04:28 »
Ola:
Volvemos á carga con ocultacións por obxetos transneptunianos. Na madrugada do 24 de marzo (noite do 23 ó 24, xa mesmo) haberá unha ocultación dunha estrela de magnitude 16.8 polo TNO 2005CB79. Esta previsión é moi favorable para a península ibérica e para o NW (Galicia) en particular.

A ocultación é rápida polo hai que usar tempos de integración cortos, e como a estrela é feble, obriga a usar telescopios grandes (típicamente con 35-40 cm ou máis). As condicións de observación son as típicas de outros fenómenos deste tipo: non usar filtros, usar binning e ventanas na CCD (subframes) e apuntar con tempo para identificar o campo estelar.

A mala nova é que a previsión meteorolóxica é mala para Galicia.
Déixovos aquí un mapa cos datos da ocultación e o campo de observación (15'x15') coa estrela a ocultar marcada no centro da imaxe. Con coller esa estrela e outras dúas máis de comparación, por exemplo as dúas que hai ó E que son máis brillantes é dabondo.

Saúdos.
R.

Actualización: a incerteza na banda de ocultación é de aproximadamente 0.5 o seu ancho, así que hai un ~50% de probabilidades de ter unha ocultación positiva.

2
Todo vale / Re:10 anos de www.astromania.es
« en: 20 de Marzo de 2017, 11:44:27 »
Aghhh. Xusto ese día non podo. Estou de viaxe voltando a Galicia. :'(

3
Xeral / Ocultación polo TNO Haumea na noite do 20 de xaneiro.
« en: 18 de Enero de 2017, 01:31:04 »
Ola a todos:
Volvemos á carga cunha ocultación do TNO Haumea para a noite do 20 de xaneiro. Esta ocultación é importante porque nunca se rexistrou unha ocultación por este pedrusco. A ocultación predí que pasará por enriba de Europa pero hai algo de incerteza e podería desprazarse. Ademáis, para facer a cousa máis intersante, este TNO ten dous bichos que o acompañan, é dicir, ten satélites, que tamén poderían producir ocultacións. Como non todo ía ser fácil, pois a estrela a ocultar é de magniutde 17,7 na banda V. Vamos, que nos deixará deslumbrados. A ocultación é longa e pódense facer integracións de ata 10-15 s. Debido ós satélites, hai que observar, polo menos, dende media hora antes ata media hora despois do instante predito de ocultación, que é máis ou menos ás 03:10 TU.
Aquí vos deixo a ligazón á predicción de F. Vachier:
http://fredvachier.free.fr/binaries/occult/2017/2017-01-21_03h08m35s_136108_Haumea/
Para obter unha carta de localización da estrela, nesa páxina podedes pinchar na ligazón que pon "Aladin".
Saúdos.

4
Xeral / Re:V edición do Workshop CMON
« en: 12 de Diciembre de 2016, 18:39:41 »
E aquí tedes a páxina oficial do Workshop. Cortesía de Jorge Pérez Prieto, que é unha máquina facendo webs. :yipi:
http://clubevega.org/?page_id=706
Saúdos e vémonos en Santiago o sábado.
R.

5
Xeral / Re:V edición do Workshop CMON
« en: 12 de Diciembre de 2016, 09:51:18 »
Programa definitivo do V Workshop CMON
Santiago, 17 de decembro de 2016

Presentacións:

[10:45] Presentación do V Workshop CMON.

[11:00] Óscar Blanco:
Título: "Trevinca Skies, una ventana al universo"
Se explicarán las intenciones y proyectos de una nueva instalación, aun en montaje, en la que podremos realizar
observaciones de forma remota desde el mejor cielo de Galicia.

[11:30] Javier Moldes:
Título: "Detección local de meteoros; avances en Alexandra"
Desde la anterior edición del CMON, en Febrero de este año, hemos ido avanzando algunas etapas de este proyecto de detección de meteoros.
- Determinar la banda de detección correspondiente a una longitud de onda de 4 metros
- Diseño y construcción de antenas específicas
- Selección y optimización de receptores SDR de bajo coste
- Optimización del transmisor
- Construcción de un amplificador de señal.
- Activación inicial del transmisor

[12:00] Alejandro Meira:
Título: "A orixe e o final do Universo"
Nos últimos anos teñen aparecido algunhas alternativas á inflacción cósmica, que dan
conta dos dous problemas fundamentais da cosmoloxía: o problema do horizonte e a planeidad.

[12:30] Descanso

[13:00] César M. González Crespán (Astrovigo)
Título: "Como era el cielo en tiempo de los romanos"
Estudio basado en los libros Almagesto, Seu Magnae Constructionis Matematicae, Geographia y Planispherium, de Claudio Ptolomeo,
fundamentalmente en las tablas estelares que aparecen en el primero, cuya representación gráfica se puede ver en el enlace
"La constelación de la Osa Menor en la época romana", de Astrovigo.

[13:30] Martin Pawley (Agrupación Ío)
Título: "A contaminación luminosa: depende de nós"
Presentación das accións divulgativas sobre contaminación luminosa promovidas en 2016 pola Agrupación Ío e en particular a
exposición sobre o tema que leva dous meses circulando por diferentes espazos da Coruña e "xirará" en 2017 fóra da cidade.

[14:00] Comida

[16:00] Borja Tosar.
Título: "Terraformación de Marte"
A Terra e a cuna da humanidade, pero non se pode vivir toda a vida na cuna" dicia Tsiolkovski e non lle falta razón,
pero encontrar outro planeta coma o noso vai ser difícil. ¿Poderemos convertir planetas inhabitables en fotocopias da Terra?
Xa comezamos a ter tecnoloxia para cambiar o clima, o quecemento global é xa unha proba. A charla esta baseada na defensa do
traballo de fin de master "Terraformación de Marte" no que se expon a problematica e desafio de transformar a Marte nun xemelgo
da terra e a sua relación con evitar o contrario, facer da Terra un mundo inhabitable polo mal uso das tecnoloxías.

[16:30] Marcos Pérez Maldonado (Casa das Ciencias da Coruña):
Título: "A astronomía como cha contan"
O coñecemento do cosmos avanza a tal velocidade que os medios de comunicación se teñen convertido na nosa principal fonte de
aprendizaxe en cuestións de astronomía. Mais os medios non teñen vocación didáctica, polo que aprendermos neles esixe comprender
ben os mecanismos polos que un descubrimento científico acaba convertido nunha nova nun xornal ou na escaleta dun telediario.

[17:00] Lucía Girández (colectivo Calidade do Ceo Nocturno)
Título: "Calidade do ceo nocturno: unha problemática, un compromiso, un recurso"
Presentación do colectivo en transición Calidade do ceo nocturno, que se adica á divulgación das causas e consecuencias
da contaminación luminosa en Galicia. Presentación do mapa galego de recompilación de fotografías e medidas de CL que se seguirá
completando con medidas propias e co cal se quere ter documentado nun mesmo lugar a situación da contaminación luminosa en Galicia.
Por último falarase do ceo nocturno como recurso económico e social.

[17:30] Descanso

[18:00] Salvador Bará (USC):
Titulo: "Punteiros láser: que hai de novo?"
Revisaremos as últimas novidades relacionadas co uso de punteiros láser en astronomía e por parte do público en xeral.

[18:30] Dositeo Veiga:
Título: "Ceas g-astronómicas"
Experiencias do Náutico de Castrelo con ceas temáticas onde os platos tiñan unha presentación relacionada coa astronomía.
Entre plato e plato divúlgase astronomía. Antes, durante e despois da cea, observacións do ceo a simple vista e con telescopio.
Un modelo de produto de astroturismo.

[19:00] Ramón Iglesias Marzoa (CEFCA, ULL, Clube Vega)
Título: "A binaria V1125 Tau: primeiros resultados dunha colaboración pro-am"
V1125 Tau é unha binaria sen estudar que está sendo analizada en base ás observacións combinadas de afeccionados e profesionáis.
Presentaremos os primeiros resultados desta fructífera colaboración.

[19:30] Hugo González (Astrovigo), Ricardo Moreno (Astrovigo) e Xoán Cardelle (Agrupación Ío):
Título: Seminario - Estación para a observación de meteoros
En base a un percorrrido polas infraestructuras  dalgunhas das redes de observación de meteoros operativas hoxe en día,
posta en común para tratar de identificar unha solución para a súa implantación.
Nota: este seminario poderáse alargar máis alá do tempo establecido en función das preguntas.

[20:00] Clausura

6
Xeral / Re:V edición do Workshop CMON
« en: 11 de Diciembre de 2016, 19:38:38 »
Ola:
rematado o prazo de presentación de traballos, temos que dicir que houbo que facer un esforzo para acomodar todos os recibidos e houbo que ampliar o horario do V Worshop para poder darlle cabida a todos. Como vos prometimos, mañan publicaremos o programa definitivo.
Saúdos.
R.

7
Xeral / Re:V edición do Workshop CMON
« en: 04 de Diciembre de 2016, 07:00:09 »
Ola a todos:
Xa estamos rematando o prazo de presentación de traballos para o Workshop e xa temos uns cantos confirmados. Por favor, se alguén quere presentar algún traballo este é o momento de indicalo por correo electrónico. Lembrade que as presentacións son de 20 minutos + 10 de comentarios e preguntas.
Un saúdo.

8
Xeral / Re:V edición do Workshop CMON
« en: 20 de Noviembre de 2016, 11:42:03 »
=========================================================================================
                                     V Wokshop CMON
=========================================================================================

Retomamos a vella tradición de facer os workshops CMON a fináis de ano para aproveitar
o mal tempo do inverno e vernos todos. Así que convocamos o V Workshop CMON (sí, o quinto)
para vernos todos aprender e pasalo ben.

Data: Sábado, 17 de decembro de 2016.
Lugar: edificio do Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.

Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos
astronómicos en xeral.

Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada nos obxetivos anteriores, con independencia de
se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar
a outros os seus descubrimentos.

Programa (provisional):
----------------------------
11:30 a 12:30: presentacións varias.
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:00: presentacións varias.
17:00 a 17:30: descanso.
17:30 a 18:30: presentacións varias.

Calendario:
--------------
20 de novembro: "call for papers".
9 de decembro: data final do "call for papers". Data final para apuntarse.
12 de decembro: publicación do programa definitivo.
17 de decembro: ¡vémonos en Santiago!

É moi recomendable apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop.

"Call for papers".
Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación
oral de 20 minutos máis 10 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos dun proxector de presentacións con
pantalla para que proxectedes o voso traballo.

A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumen (por favor, non máis dun par de liñas)
e enviaráse por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do "call for papers", cando se
elaborará o programa definitivo coas presentacións recibidas.

Comida.
Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun "menú autoservicio"
que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,70 euros) ou un prato e postre
(medio menú, 4,70 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.

O correo electrónico de contacto será:

rimarzoa (en) yahoo (punto) es

Un saúdo e vémonos o día 17.
Ramón.

9
Xeral / V edición do Workshop CMON
« en: 15 de Noviembre de 2016, 12:42:22 »
Ola a todos:
Estamos empezando a organizar a quinta edición do Workshop CMON que será o 17 de Decembro en Santiago. En breve poñeremos o "cal for papers" e abriremos a tempada de presentación de traballos. Así que ide pensando cales van a ser as vosas presentacións.  :great:
Como vedes, regresamos á tradición de facelo en decembro antes do nadal e será, coma sempre, en Santiago, no edifico do Monte da Condesa (USC, campus Sur).
Saúdos.
R.

10
Xeral / Próximas oultacións por asteroides.
« en: 04 de Noviembre de 2016, 15:04:41 »
Ola a todos:
aquí vos van algunhas ocultacións por asteoides interesantes para as próximas semanas. Notade que, debido á liberación do primeiro catálogo de Gaia, noutouse un aument da fiabilidade das prediccións (menor incerteza), e que esta fiabilidade aumentará aínda máis cando se liberen sucesivas versións deste catálogo, que inclúe órbitas melloradas para moitos asteroides.

-noite do 3 de decembro (madrugada do 4):
Estrela de magnitude 12.0 por 426-Hippo:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_04-426-Hippo-1.gif
http://asteroidoccultation.com/2016_12/1204_426_37295.htm

Afecta a prácticamente toda Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Pirineos.

-noite do 4 de decembro:
Estrela de magnitude 11.5 por 121-Hermione:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_05-121-Hermione.gif
http://asteroidoccultation.com/2016_12/1205_121_37298.htm

Afecta tamén a toda Galicia entrando na península ibérica dende Valencia. A estrela é algo máis brillante. Atentos que este asteroide ten un satélite polo que a ocultación podería ser dobre.

-noite do 13 de decembro:
Estrela de magnitude 11.7 por 96-Aegle:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_14-96-Aegle.gif
http://asteroidoccultation.com/2016_12/1214_96_37338.htm

Afecta ó S das provincias de Ourense e Pontevedra, pero podería desprazarse un pouco mái ó N. Será unha ocultación longa, de case 20 s no centro.

-noite do 15 de decembro:
Estrela de magnitude 10.9 por 22-Linus:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_16-22-Linus.gif

Afecta á costa das Rías Baixas aínda que a incerteza é grande e podería pasar por calqueira punto de A Coruña e Pontevedra. A estrela é asequible. Este asteroide é en realidade un satélite de 22-Kalliope polo que é moi interesante a súa observación. Descubreuse en 2001.

-noite do 23 de decembro:
Estrela de magnitude 8.7 por 845-Naema:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_23-845-Naema.gif
http://asteroidoccultation.com/2016_12/1223_845_37760.htm

Esta ocultación roza o NW de Galicia afectando á Costa da Morte e pode que á Coruña e Ferrol. A estrela é moi brillante.

-noite do 29 de decembro:
Estrela de magnitude 12.2 por 754-Malabar:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_30-754-Malabar.gif
http://asteroidoccultation.com/2016_12/1230_754_37400.htm

A estrela é feble pero a ocultación afecta a case toda Galicia e a costa N da península ibérica.

Sorte.

11
Xeral / Re:Ocultación do TNO 2005UQ513 na noite do 1 de novembro.
« en: 04 de Noviembre de 2016, 14:33:04 »
Ola a todos:
Dende o OAJ non houbo ocultación. Adxunto a curva de luz entre 18:17:01UT e 19:10:09UT (o tempo está en HJD na gráfica). O tempo de integración é de 5s sen filtrar e o binning foi de 3x3 píxeles para aumentar a relación sinal-ruido.
Que teña constancia, polo menos dende Pic du Midi tamén foi negativa.
Saúdos.



12
Xeral / Re:Ocultación do TNO 2005UQ513 na noite do 1 de novembro.
« en: 01 de Noviembre de 2016, 05:32:13 »
Ola:
Parece que a ocultación non é nada favorable para a península ibérica. Os últimos cálculos indican que a banda de ocultación se despraza aínda máis ó E, afectando a Grecia e Turquía.
Saúdos.

13
Xeral / Ocultación do TNO 2005UQ513 na noite do 1 de novembro.
« en: 29 de Octubre de 2016, 21:57:43 »
Ola:
acaban de informarnos da ocultación dunha estrela de magnitude 16.5 polo TN= 2005UQ513. A banda teórica pasará por enriba de Italia, pero dado que neste tipo de prediccións hai incertezas podería desprazarse. A ocultación produciráse pouco dispois do solpor a unha altura duns 50º.
Para esta ocultación hai que usar cámaras CCD con binning e facendo ventanas para reducir o tempo de lectura o máximo posible. Tampouco se deben usar filtros dado que a estrela é moi débil e hai que maximizar a captura de fotóns.

Deixovos o mapa da ocultación e unha carta coa posición da estrela.
Saúdos.

14
Para os que teñan curiosidade, aquí tedes os datos da posible ocultación:
http://ocultacions.astrosabadell.org/IBEROC/20161008_4-3023_summary.html

Vémonos en Castrelo de Miño  ;)

15
Xeral / Re:Fenómenos mútuos de Kalliope
« en: 26 de Septiembre de 2016, 23:49:57 »
Hugo ten razón. As de Kalliope empezan o 10 de outubro. Escollín Kalliope porque é o máis brillante e alguns dos fenómenos son razonablemente detectables cunha profundidade maior de 0.1 mags. O resto non merece a pena dado que teñen profundidades moi pequena (só unhas milimagnitudes, hai tránsitos de exoplanetas máis doados de medir) ou están en magnitude ~18, para o que fai falta un telescopio moi grande. Claro que por probar tampouco pasa nada... sempre se aprende.
Saúdos.

Páginas: [1] 2 3 ... 24