1
Xeral / Re:VI edición do Workshop CMON
« en: 04 de Diciembre de 2017, 11:50:01 »
Únome aos parabéns de Pablo cara aos organizadores.
O CMON comezou forte, coa historia de Martin Pawley sobre o nacemento do cinema para a astronomíamoi interesante. Non se pode chegar tarde a estes sitios que te podes perder o mellor
Unha boa experiencia de xestión de comunicación nas asociacións (nota mental para outros, está todo inventado, só fan falla gañas e currantes e, sobre todo, planificación da estratexia), inmersión matemática, espectacular as posibilidades das ocultacións para afeccionados, xente nova facendo cousas marabillosas divulgativas (pronto seredes fichados para outra), proxectos asados, proxectos agochados (que pouco a pouco van saíndo á luz) e proxctos futuros para seguir enleando.
Ah, e como creo que alguén non presente merece unha desculpa, onte de camiño ao CulturGal parei na praia de Cesantes e nada máis saír do coche atopei unha fermosa estampa da ponte de Rande (curiosamente sen as illas Cíes) coa illa de San Simón e por diante, medio mergullado, o monumento a #JulesVerne (era marea alta). Como non caben aquí as imaxes fixen un textiño no feisbuc dos www.ceosgalegos.com. Este é o Artigo no feisbuc