Mostrar Mensajes

Esta sección te permite ver todos los posts escritos por este usuario. Ten en cuenta que sólo puedes ver los posts escritos en zonas a las que tienes acceso en este momento.


Temas - rimarzoa

Páginas: [1] 2 3 ... 6
1
Xeral / Ocultación polo asteroide 491 Carina na noite do 5 de Setembro.
« en: 08 de Agosto de 2017, 08:56:14 »
Ola a todos:
Infórmovos da ocultación dunha estrela de magnitude 11.5 polo asteroide 491 Carina ás 02:53TU do 6 de Setembro (noite do 5). Dado que a estrela é relativamente brillante pódense usar as cámaras Watec que temos collendo piolla por ahí adiante.  ;)
A caída de magnitude estímase en 3.1 magnitudes e unha duración de 4.8 segundos. Aínda que a Lúa estará chea a estrela está separada dela e non debería dar problemas. A franxa de ocultación cubre case toda Galicia e a predicción é bastante fiable, con máis dun 99% de fiabilidade na liña central. As únicas zonas que quedan fora da banda de ocultación son a zona de Ortegal e a costa de Lugo.

Podedes descargar a predicción e os campos de identificación da estrela dende a páxina web de Steve Preston:
http://asteroidoccultation.com/2017_09/0906_491_51468.htm

Esta ocultación tamén figura na web "IOTA-ES : Call for Observations":
http://call4obs.iota-es.de/

Saúdos.
R.

2
Ola a todos:

De novo chamamos a atención sobre unha posible ocultación por obxetos transneptunianos (TNO). Josselin Desmars, do observatorio de París, avisa de que na tardiña do 28 de xullo podería producirse unha ocultación dunha estrela de magnitude G=12.6 polo TNO chamado 2002 MS4. Esta previsión é algo incerta e a banda de ocultación pasa, a priori, polo N de Europa, pero dado que a incerteza é duns 2000 km, e a estrela é bastante brillante, merece a pena botarlle un ollo e cruzar os dedos. A ocultación produciráse aproximandamente ás 21:00 TU cunha incerteza duns 110 segundos (1 sigma), pero solicítase observar entre as 20:45 e as 21:15 TU para máis seguridade. Este horario coincide no crepúsculo e penalizará os observadores do N de Europa, pero non será un inconveniente para as nosas latitudes.

A estrela chámase UCAC4-416-082208 (Gaia mag 12.5), e as súas coordenadas son estas:
RA J2000 (h m s):  18 35 23.4127
DEC J2000 (° ' ") : -06 53 33.575

Tedes a información completa na páxina do proxecto Lucky Star do Observatorio de París, incluíndo cartas de locaclización, etc...:

http://lesia.obspm.fr/lucky-star/predictions/2017/2002MS4/html/2017-07-28-20h59m01s_2002MS4_GDR1_NIMAv2.html

Coma sempre, as condicións de observación son as típicas de outros fenómenos deste tipo: non usar filtros, usar binning e ventanas na CCD (subframes) e apuntar con tempo para identificar o campo estelar.  E asegirarse de que a referencia de tempo é a correcta.

Déixovos aquí un mapa cos últimos datos que se teñen sobre esta ocultación (e unha carta de localización da estrela de 20'x20').

Saúdos.
R.

3
Xeral / Ocultación por Tritón na noite do 5 de Outubro.
« en: 27 de Junio de 2017, 16:36:42 »
Ola a todos:
este post é para informarvos con tempo dunha ocultación que se producirá na noite do 5 de outubro de 2017 e que involucra a Tritón, un dos satélites de Neptuno.

Para os que non o saiban, Tritón é o único gran satélite do sistema solar que ten unha órbita retrógrada, é dicir, xira en sentido contrario ó resto dos satélites do seu planeta e mesmo ó propio planeta:
https://es.wikipedia.org/wiki/Trit%C3%B3n_%28sat%C3%A9lite%29
Por eso, e outros factores, sospéitase que Tritón é un obxeto transneptuniano capturado por Neptuno.

Na noite do 5 de outubro Tritón ocultará a unha estrela de magnitude 12.4 entre as 23:44 e as 23:59 TU e será visible dende toda Europa, Norte de África e Norteamérica e Caribe. O satélite é de magnitude 13.5 e a caida de brillo será de aproximadamente 1.4 magnitudes, doadamente observables con calquera cámara CCD de aficionado. Ademáis será bastante longa xa que terá unha duración máxima de 161 s. O principal problema que haberá será a molestia de ter o brillo de Neptuno (mag ~7.6) moi preto da estrela. Esto pode producir reflexións e mesmo falsificar as medidas se hai contaminación importante pola luz do planeta. Así que recomendo facer algunha proba con tempo de antelación para ver cal é a configuración que mellor funciona.

Aquí deixo unha predicción preliminar da banda de ocultación:
http://www.iota-es.de/2017_10_05%20P8M01%20Triton%20%28I%29.jpg

Esta predicción é PRELIMINAR e hai que estar atentos a actualizacións que se produzcan no futuro.

Saúdos.
R.

4
Ola a todos:
David Dunham (IOTA) informa da posible ocultación dunha estrela de magnitude 15,9 que se producirá na noite do día 12 de xuño (esta noite) polo obxeto 2003FF129, que é un plutino, un obxeto en órbita resonante con Neptuno, ó igual que Plutón.
A posible ocultación podería ser visible dende Canarias ou, menos probable, dende a Península Ibérica. Poño aquí o correo electrónico de D. Dunham con máis información:

"At 2:23 UT +/-2 min. June 13, there will be an occultation of a 15.9-mag. star in Libra, 4UC 352-076213, by the approximately 150-km Plutino object (469506) 2003 FF128. Like Pluto, these objects have a 3:2 resonant orbit with Neptune; other than Pluto-Charon, very little is known about them, so observations of this faint occultation with large telescopes are sought. Normally, these events can be predicted to an accuracy of only about an Earth radius, but we can do better with this event, since another occultation by the same object was observed from two stations in Australia on May 24th. That gave us a correction to the object’s orbit that can be applied to this event, subject mainly to the difference in errors in the proper motions of the target stars. So although at 2:28 UT the predicted path crosses S. Carolina and Georgia (where, unfortunately, cloudy skies are forecast), the actual occultation could occur anywhere in the eastern USA (if you’re there, please try it), including in the Washington, DC region, where clear skies are forecast. The occultation will also occur in N.W. Arica about 5 min. earlier, with an occultation possible in the Canary Is. and Morocco, and less likely, in Iberia. For details, see http://www.asteroidoccultation.com/2017_06/0613_469506_58026.htm (Steve Preston hasn’t posted his usual finder charts there; Brad Timerson and I’ll try to post some in the box for the event, 3rd from the top in the middle, that now has a station list and pre-point stars list, at http://www.asteroidoccultation.com/observations/NA/ ). The target star is at J2000 RA 16h 01m 22.6s, Dec -19 deg. 40’ 24”. A central occultation is expected to last 7 seconds, but there could be rings or satellites a minute or so before or after."

Tedes máis información nesta ligazón:
http://www.asteroidoccultation.com/2017_06/0613_469506_58026.htm

Sinto poñelo con tan pouco tempo pero o correo chegou agora de madrugada.
Saúdos.





5
Xeral / Ocultación polo TNO 2005CB79 na noite do 23 de marzo.
« en: 20 de Marzo de 2017, 12:04:28 »
Ola:
Volvemos á carga con ocultacións por obxetos transneptunianos. Na madrugada do 24 de marzo (noite do 23 ó 24, xa mesmo) haberá unha ocultación dunha estrela de magnitude 16.8 polo TNO 2005CB79. Esta previsión é moi favorable para a península ibérica e para o NW (Galicia) en particular.

A ocultación é rápida polo hai que usar tempos de integración cortos, e como a estrela é feble, obriga a usar telescopios grandes (típicamente con 35-40 cm ou máis). As condicións de observación son as típicas de outros fenómenos deste tipo: non usar filtros, usar binning e ventanas na CCD (subframes) e apuntar con tempo para identificar o campo estelar.

A mala nova é que a previsión meteorolóxica é mala para Galicia.
Déixovos aquí un mapa cos datos da ocultación e o campo de observación (15'x15') coa estrela a ocultar marcada no centro da imaxe. Con coller esa estrela e outras dúas máis de comparación, por exemplo as dúas que hai ó E que son máis brillantes é dabondo.

Saúdos.
R.

Actualización: a incerteza na banda de ocultación é de aproximadamente 0.5 o seu ancho, así que hai un ~50% de probabilidades de ter unha ocultación positiva.

6
Xeral / Ocultación polo TNO Haumea na noite do 20 de xaneiro.
« en: 18 de Enero de 2017, 01:31:04 »
Ola a todos:
Volvemos á carga cunha ocultación do TNO Haumea para a noite do 20 de xaneiro. Esta ocultación é importante porque nunca se rexistrou unha ocultación por este pedrusco. A ocultación predí que pasará por enriba de Europa pero hai algo de incerteza e podería desprazarse. Ademáis, para facer a cousa máis intersante, este TNO ten dous bichos que o acompañan, é dicir, ten satélites, que tamén poderían producir ocultacións. Como non todo ía ser fácil, pois a estrela a ocultar é de magniutde 17,7 na banda V. Vamos, que nos deixará deslumbrados. A ocultación é longa e pódense facer integracións de ata 10-15 s. Debido ós satélites, hai que observar, polo menos, dende media hora antes ata media hora despois do instante predito de ocultación, que é máis ou menos ás 03:10 TU.
Aquí vos deixo a ligazón á predicción de F. Vachier:
http://fredvachier.free.fr/binaries/occult/2017/2017-01-21_03h08m35s_136108_Haumea/
Para obter unha carta de localización da estrela, nesa páxina podedes pinchar na ligazón que pon "Aladin".
Saúdos.

7
Xeral / V edición do Workshop CMON
« en: 15 de Noviembre de 2016, 12:42:22 »
Ola a todos:
Estamos empezando a organizar a quinta edición do Workshop CMON que será o 17 de Decembro en Santiago. En breve poñeremos o "cal for papers" e abriremos a tempada de presentación de traballos. Así que ide pensando cales van a ser as vosas presentacións.  :great:
Como vedes, regresamos á tradición de facelo en decembro antes do nadal e será, coma sempre, en Santiago, no edifico do Monte da Condesa (USC, campus Sur).
Saúdos.
R.

8
Xeral / Próximas oultacións por asteroides.
« en: 04 de Noviembre de 2016, 15:04:41 »
Ola a todos:
aquí vos van algunhas ocultacións por asteoides interesantes para as próximas semanas. Notade que, debido á liberación do primeiro catálogo de Gaia, noutouse un aument da fiabilidade das prediccións (menor incerteza), e que esta fiabilidade aumentará aínda máis cando se liberen sucesivas versións deste catálogo, que inclúe órbitas melloradas para moitos asteroides.

-noite do 3 de decembro (madrugada do 4):
Estrela de magnitude 12.0 por 426-Hippo:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_04-426-Hippo-1.gif
http://asteroidoccultation.com/2016_12/1204_426_37295.htm

Afecta a prácticamente toda Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Pirineos.

-noite do 4 de decembro:
Estrela de magnitude 11.5 por 121-Hermione:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_05-121-Hermione.gif
http://asteroidoccultation.com/2016_12/1205_121_37298.htm

Afecta tamén a toda Galicia entrando na península ibérica dende Valencia. A estrela é algo máis brillante. Atentos que este asteroide ten un satélite polo que a ocultación podería ser dobre.

-noite do 13 de decembro:
Estrela de magnitude 11.7 por 96-Aegle:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_14-96-Aegle.gif
http://asteroidoccultation.com/2016_12/1214_96_37338.htm

Afecta ó S das provincias de Ourense e Pontevedra, pero podería desprazarse un pouco mái ó N. Será unha ocultación longa, de case 20 s no centro.

-noite do 15 de decembro:
Estrela de magnitude 10.9 por 22-Linus:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_16-22-Linus.gif

Afecta á costa das Rías Baixas aínda que a incerteza é grande e podería pasar por calqueira punto de A Coruña e Pontevedra. A estrela é asequible. Este asteroide é en realidade un satélite de 22-Kalliope polo que é moi interesante a súa observación. Descubreuse en 2001.

-noite do 23 de decembro:
Estrela de magnitude 8.7 por 845-Naema:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_23-845-Naema.gif
http://asteroidoccultation.com/2016_12/1223_845_37760.htm

Esta ocultación roza o NW de Galicia afectando á Costa da Morte e pode que á Coruña e Ferrol. A estrela é moi brillante.

-noite do 29 de decembro:
Estrela de magnitude 12.2 por 754-Malabar:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_12_30-754-Malabar.gif
http://asteroidoccultation.com/2016_12/1230_754_37400.htm

A estrela é feble pero a ocultación afecta a case toda Galicia e a costa N da península ibérica.

Sorte.

9
Xeral / Ocultación do TNO 2005UQ513 na noite do 1 de novembro.
« en: 29 de Octubre de 2016, 21:57:43 »
Ola:
acaban de informarnos da ocultación dunha estrela de magnitude 16.5 polo TN= 2005UQ513. A banda teórica pasará por enriba de Italia, pero dado que neste tipo de prediccións hai incertezas podería desprazarse. A ocultación produciráse pouco dispois do solpor a unha altura duns 50º.
Para esta ocultación hai que usar cámaras CCD con binning e facendo ventanas para reducir o tempo de lectura o máximo posible. Tampouco se deben usar filtros dado que a estrela é moi débil e hai que maximizar a captura de fotóns.

Deixovos o mapa da ocultación e unha carta coa posición da estrela.
Saúdos.

10
Xeral / Fenómenos mútuos de Kalliope
« en: 22 de Septiembre de 2016, 17:33:12 »
Ola a todos:

Este post vai dirixido a todos aqueles que tedes unha cámara CCD, incluso unha DSLR, e vos apetece facer unha colaboración Pro-Am obtendo
datos científicos de utilidade.

-¿De que se trata?
Trátase de facer fotometría CCD (ou DSLR) dun Asteroide chamado 22-Kalliope. Este é un asteroide binario, é dicir, son dous asteroides orbitando
mútuamente. Cando a órbita se pon de perfil con respecto á liña que une o asteroide coa Terra prodúcense eclipses e ocultacións dun corpo por
outro, é o que se chaman fenómenos mútuos.
Hai outros asteroides que tamén os teñen, pero, ou son máis débiles, ou os fenómenos mútuos non son tan marcados como en Kalliope.
Dentro de pouco empezarán a producirse fenómenos mútuos entre os dous compoñentes de Kalliope, que
se poden observar facendo fotometría do asteroide.

-¿Cando se fai?
As datas nas que se producen estes eclipses e ocultacións veñen dadas na páxina persoal de Frederic Vachier
(do IMCEE, Institut de mécanique céleste et de calcul des éphémérides, de París) que é:
http://fredvachier.free.fr/binaries/phemu.php

Na ligazón "Complete list for next 2 years" tedes unha táboa cos fenómenos mútuos para varios asteroides binarios coas datas e horas
estimadas dos fenómenos.

-¿Como se fai?
Na lista anterior seleccionei Kalliope porque é o máis brillante e porque os fenómenos son apreciables. Recomendo seleccionar fenómenos
con máis de 0.1 mag de profundidade, sobre todo se non fixéchedes nunca antes fotometría. Pero se xa sabedes facela e tedes un telescopio
algo grande cunha boa montura podedes probar con outros pedruscos máis débiles. Hai outro, 617-Patroclus que chega a telos de 0.3 mags
pero é unha pedra de magnitude 15,5...bastante débil.

Hai que apuntar ó asteroide obtendo as coordenadas para cada noite a partir da posición do asteroide, por exemplo, da páxina Horizons
da NASA:
http://ssd.jpl.nasa.gov/horizons.cgi

ou do MPC:
http://www.minorplanetcenter.net/iau/MPEph/MPEph.html

O asteroide móvese un pouco cada noite así que hai que seleecionar unha estrela de comparación que estea no campo do instrumento
durante o tempo que dure a observación.
Convén empezar a observar antes da hora predita para obter o nivel base de magnitude e por se o suceso se adianta. Tamén convén continuar
dispois da hora predita para obter no nivel base no outro lado e por se hai un retraso. Decatádevos de que as efemérides destes asteroides
son aproximadas e están sometidas a moitas perturbacións (polo Sol, polos planetas, polo feito de que non serán esféricos, etc...)
Esto implica que para observar un destes fenómenos mútuos posiblemente haxa que estar 4-6 h de observación "on target". Dado que algúns destes
fenómenos son longos, de máis de unha hora, non pasa nada se alongamos un pouco o tempo de integración para mellorar o sinal do asteroide.
Pero en ningún caso podemos facer que sature ou coller unha estrela de comparación que estea saturada ou preto de saturar.

Por suposto, imos a medir os tempos de comezo, centro de eclipse e saída, polo que a sincroización de tempos é fundamental. O ideal é ter
sincronización GPS pero tamén vale por NTP (Dimension 4 para Win, por exemplo).

-¿Dende onde se fai?
Dende calquera sitio dende onde se vexa o asteroide, sea na cidade ou no nun sitio máis escuro. Iso sí, hai que ter montura con seguimento.

-¿Mais info?
Na páxina:
http://www.imcce.fr/langues/en/observateur/campagnes_obs/phemu15/index.html

Tedes información para observar os fenómenos mútuos dos satélites de Xúpiter (pinchade nos pdf que teñen todas as gráficas).
Obviamente son máis brillantes que os de Kalliope, pero tamén son máis rápidos (a veces duran poucos minutos). Ahí tedes consellos
sobre o que facer e como observar e curvas de luz de exemplo.

Unha última cousa, nos fenómenos mútuos de Xúpiter recoméndase usar filtros para reducir o brillo do planeta. Esto non importa porque
os satélites de Xúpiter son brillates. Pero no caso de Kalliope non é recomendable usalos porque imos a desperdiciar luz e o asteroide xa
é feble dabondo. Así que, observar sen filtros.

Saúdos.

11
Xeral / Ocultación do TNO 2008OG19 a noite do 9 de setembro.
« en: 06 de Septiembre de 2016, 15:20:28 »
Ola a todos:
Nos informan da posible ocultación dunha estrela de magnitude 16 polo TNO (Trans-Neptunian Object) chamado 2008OG19. Hai dúas prediccións, polo cal a ocultación non é segura, pero vale a pena tentalo, sobre todo se temos telescopios grandes.
Póñovos aquí as dúas prediccións. Unha advertencia, posiblemente o TNO sexa binario, é dicir teña algún satélite. As prediccións fánse para o fotocentro do bicho, polo tanto é posible que haxa variacións importantes na posición da banda de ocultación, pode que incluso se vexan dúas caídas de luz ou que se vexa unha ocultación aínda estando lonxe da banda de ocultación. Tamén pode que non se vexa ningunha ocultación, pero esto só se sabe observando, como sempre. Ademáis, nas prediccións usouse un límite inferior ó tamaño do TNO polo que este seguramente sexa máis grande do que se pensa.

Todos aqueles que poidades observar tedes a continuación as dúas prediccións que hai (a do OSN, Sierra Nevada, parece ser a máis precisa), e a carta de localización da estrela a ocultar.

Para que os datos sexan válidos a sincronización de tempos é fundamental así que a hora que use o software de adquisición ten que ser moi fiable (idealmente unha hora GPS).

Dado que a estrela é moi feble, convén usar unha cámara CCD sen filtros. Ademáis, hai que reducir o tempo de lectura ó máximo posible, por exemplo, facendo binning e facendo unha ventana cunha sección da CCD. A ocultación dura menos de ~20s así que para ter varios puntos dentro da ocultación hai que reducir o tempo de integración ó máximo (sempre que se vexa a estrela). Posiblemente esto limite o tamaño dos telescopios a usar.

Como sempre, se tedes algunha dúbida plánteádea.
Saúdos.

12
Xeral / Ocultacións interesantes para as vindeiras semanas.
« en: 17 de Agosto de 2016, 12:23:53 »
Ola a todos:
Aquí vos deixo unhas ocultacións interesantes para os vindeiros días e semanas:

 :yipi:-noite do 13 de setembro:
Estrela de magnitude 10.3 por 372-Palma:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_09_14-372-Palma.gif

Esta é a mellor ocultación en moito tempo. A estrela é brillante, a unha altura razonable e a predicción é moi precisa e segura en toda Galicia e gran parte do N peninsular. O único inconvinte é que está a uns ~20º da lúa, que estará moi crecida. A ocultación ideal en moitos aspectos.

-noite do 15 de setembro:
Estrela de magnitude 11.2 por 1093-Freda:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_09_16-1093-Freda.gif

Afecta sobre todo ó E de Galicia e Asturias, ainda que con sorte podería chegar ata Ourense city.

 :yipi:-noite do 23 de setembro:
Estrela de magnitude  11.3 por 45-Eugenia:

http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_09_24-45-Eugenia.gif
http://fredvachier.free.fr/binaries/occult/2016/2016-09-24_01h01m18s_45_Eugenia/

Esta ocultación é importante porque o asteroide é binario e podería producirse unha dobre ocultación con poucos segundos de diferencia. A banda de ocultación ten algunha incerteza pero é case seguro que afecte, polo menos, a Coruña e Lugo. Podería ser que tamén afectara a case toda Galicia pero non é seguro.

Saúdos.

13
Ocultacións - CMON / Ocultacións de estrelas por Plutón.
« en: 22 de Junio de 2016, 08:20:15 »
Ola:
A IOTA fai un chamamento para observar dúas ocultacións de estrelas por Plutón que se producirán nas noites do 13 e 19 de xullo. O obxetivo é medir propiedades da atmósfera de Plutón e tentar o chamado "central flash", que se produce porque a tenue atmósfera actúa como unha lenta e amplifica a luz da estrela no centro da banda de ocultación durante un breve instante.

A ocultación da noite do 13 (produciráse na madrugada do 14) corresponde a unha estrela de magnitude 16, polo que serán necesarios telescopios a partir de 12 pulgadas e tempos de integración duns 0.5 s para ver a estrela, obviamente sen filtros. A ocultación da noite do 19 será para unha estrela máis brillante, de mag. 14.2 aprox. e será máis doada de observar. Ambas ocultacións afectan a toda a península ibérica e Europa continental.

Tedes máis información aquí:
http://www.iota-es.de/pluto-19072016.html

Saúdos.

14
Xeral / Ocultacións interesantes para empezar o verán.
« en: 16 de Junio de 2016, 09:51:00 »
Ola:
Envíovos información sobre un par de ocultacións interesantes que haberá dend hoxe ata final do mes de xullo:

-noite do 19 de xuño:
Estrela de magnitude 11.0 por 736-Harvard:

http://ocultacions.astrosabadell.org/IBEROC/20160620_036795_summary.html

A caída de magnitude será de 2.7 mags. A estrela estará a uns 30º de altura sobre o horizonte S e a dificultade virá do feito de que a Lúa atópase chea a 17º de distancia da estrela, o que aumentará o fondo de ceo nesa zona do ceo.

-noite do 23 de xuño (sí, a das cacharelas de San Xoán):
Estrela de magnitude 11.5 por 1291-Phryne:

http://ocultacions.astrosabadell.org/IBEROC/20160624_152235_summary.html

Esta estrela é algo máis débil aínda que a lúa terá menos influencia, estará máis lonxe e menos chea.

Ambas ocultacións favorecen ós observadores no N de Galicia (A Coruña e Lugo) aínda que a banda de incerteza é bastante ancha.

En xullo temos as dúas ocultacións máis interesantes. Ambas figuran no Call for Observations da IOTA-ES:

-noite do 21 de xullo:
Estrela de magnitude 11.7 por 466-Tisiphone:

http://asteroidoccultation.com/2016_07/0722_466_36887.htm
http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_07_22-466-Tisiphone.gif

Nesta última ligazón vése que a banda de ocultacion pasa moi preto da costa W da provincia da Coruña (Costa da Morte) pero a incerteza podería facer que se desprazara cara o interior chegando incluso a Santiago e comarca. A ocultación produciráse preto do crepúsculo matutino pero non será un problema.

-noite do 30 de xullo (ESTA É A BOA  :great:):
Estrela de magnitude 10.7 por 24-Themis:

http://asteroidoccultation.com/2016_07/0731_24_36911.htm
http://call4obs.iota-es.de/wp-content/uploads/2015/03/2016_07_31-24-Themis.gif

Estrela moderadamente brillante, que será ocultada nunha banda que afecta ó NW da península ibérica. En Galicia afecta sobre todo á provincia de Ourense pero a franxa de incerteza abarca todo o territorio de xeito que existen posibilidades de que a ocultación real se poida observar dende calquera ubicación.

Un saúdo.









15
Ola a todos:
Nova de última hora:
É moi posible que se produza a ocultación dunha estrela de magnitude 13.5 polo centauro Thereus na noite do próximo luns 10 de xaneiro. Os centauros son corpos menores que comparte características de cometas e asteroides e coñécense dous que teñen sistemas de anéis: Quirón e Chariklo. Dado que pode que teñan emisión de tipo cometario ou sistemas de anéis, é posible que se detecten oscilacións na curva de luz aínda que non haxa unha verdadeira ocultación. Vista dende Galicia, a ocultación produciráse preto das 00:32 TU do día 11 (noite do 10 ó 11). Como a estrela a ocultar é de magnitude 13.5 pódense usar cámaras CCD con tempos de integración relativamente cortos (<1 s), e usando binning e ventanas para reducir o tempo de lectura a valores mínimos. Con incluir un par de estrelas que sirvan como comparacións fotométricas é suficiente.
Nesta páxina tedes máis información:
http://devel2.linea.gov.br/~braga.ribas/campaigns/
Engado aquí dúas cartas de identificación de 20' e 10' de lado, coa estrela a ocultar marcada. No momento da ocultación estará a uns 45º de altura vista dende Galicia.
A predicción meteorolóxica para o NW peninsular non é boa para estas datas pero se alguén pode observar que non o dubide.
Un saúdo.

Páginas: [1] 2 3 ... 6