Foro patrocinado por:

Mostrar Mensajes

Esta sección te permite ver todos los posts escritos por este usuario. Ten en cuenta que sólo puedes ver los posts escritos en zonas a las que tienes acceso en este momento.


Temas - salva

Páginas: [1] 2 3 ... 5
1
Xeral / Programa do IV Workshop CMON
« en: 29 de Febrero de 2016, 21:54:19 »


    Pendentes da incorporación dalgunha charla adicional, este é o programa do IV Workshop CMON


IV Workshop CMON

Encontro de amadores e profesionais da Astronomía en Galicia

Residencia Universitaria Monte da Condesa, USC
Santiago de Compostela,  sábado 5 de Marzo de 2016.


11:00-11:15:   Benvida

11:15-12:30:    Presentación de libros recentes relacionados coa Astronomía.
- Jorge Mira (USC):       "A que altura está o ceo?"
- Ana Ulla (U. Vigo):      "Desde el jardín, las estrellas"
- Salva Bará (USC):       "E fixemos a luz!"
- Josefina F. Ling (USC):    "Esos astrónomos locos por el cielo o la historia de la observación de las estrellas dobles"

12:30-12:45: Descanso.

12:45-13:15: A oficina para a Divulgación da Astronomía da Unión Astronómica Internacional, Ana Ulla (U. Vigo).

13:15-14:00: Actualidade en Astrofísica (I): Ondas Gravitacionales: Astronomía a simple oído, Javier Mas Solé (USC).

14:00-16:00: Pausa para xantar.

16:00-16:45:  Actualidade en Astrofísica (II): ¿Es necesaria el agua para la vida en los planetas extrasolares?, Mario S. García González.

16:45-17:00: Descanso

17:00-17:30: Contando as estrelas. Experiencias divulgando astronomía en medios de comunicación, planetarios e colexios, Borja Tosar.

17:30-18:00: Radio-Astronomía: Proxecto Alexandra, Grupo Cacharreo.es, en colaboración con OAF e o RClube Estrada (charla a cargo de Fran Paz).

18:30-19:00: Proyectos instalados y o en estudio: Astrovigo / OAF, Ricardo Moreno.

19:00-19:30: Son os teus ollos ou é o telescopio? Aberracións oculares en astronomía visual, Salva Bará (USC).



--------------------------------------


2
Xeral / IV edición do Workshop CMON
« en: 23 de Enero de 2016, 18:06:21 »
=========================================================================================
                                     IV Wokshop CMON
=========================================================================================


   Continuando a tradición de anos anteriores convocamos por este medio o IV Workshop CMON, que terá lugar en Santiago de Compostela o sábado 5 de Marzo de 2016.

   Recollendo as palabras de Ramón Marzoa para a convocatoria anterior "non só queremos centrarnos nas observacións de ocultacións e meteoros, senón en calquera outras observacións que consideredes interesantes (estrelas variables, tránsitos de exoplanetas, astrometría de corpos menores, imaxe planetaria e lunar, actividade solar, etc...). A idea é aprender técnicas e tecnoloxías de observación e coñecer resultados tanto de profesionais como de afeccionados." 

Obxectivos: intercambiarmos experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos astronómicos e a divulgación astronómica en xeral.

Quen pode asistir: calquera persoa que estea interesada nos obxetivos anteriores, con independencia de se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar a outras os seus descubrimentos. Para podermos ter unha previsión do número de asistentes é necesario apuntarse, enviando un mail ao enderezo de contacto que figura abaixo.

Data: Sábado, 5 de marzo de 2016, a partir das 11:30h.
Lugar: Residencia Universitaria Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.


 "Call for papers"
  A parte principal do programa consiste nas charlas, presentacións e comunicacións enviadas libremente polas persoas participantes. Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación oral de 15 minutos máis 5 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos de proxector con pantalla. A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumo (por favor, non máis dun par de liñas) e enviarase por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do "call for papers", momento a partir do cal se elaborará o programa definitivo tendo en conta as presentacións recibidas.

  Calquera material informativo sobre as vosas actividades e proxectos que desexedes ter exposto na sala ou a disposición dos asistentes é benvido.


Distribución de tempos:
11:30 a 12:30: presentacións varias
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:00: presentacións varias.
17:00 a 17:30: descanso.
17:30 a 18:30: presentacións varias.


Calendario:
23 de xaneiro: call for papers.
25 de febreiro: Remata o prazo para enviar propostas de comunicacións. Data final para apuntarse.
29 de febreiro: Publicación do programa definitivo.
5 de marzo: IV Workshop CMON


Xantar:
Como en ocasións anteriores, pódese comer no Restaurante Universitario Monte da Condesa, situado no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun "menú autoservicio" que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.


O correo electrónico de contacto para o envío de comunicacións, apuntarse, e calquera consulta ou proposta que desexedes facer é: astronomianabeirarrua (en) gmail (punto) com

   Saúdos!
   salva.


3
     Ola!

     Soamente para comentarvos que o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é o segundo destino turístico Starlight en terras (e augas) galegas, sumándose ao d'A Veiga - Pena Trevinca que xa obtivo esa certificación o pasado ano.

     Tanto nun caso como noutro, a contribución científica e técnica de persoas que participades neste foro foron esenciais para conseguir ese obxectivo. Parabéns!

     Let's keep the skies dark...

     Apertas,
     s.



4
Planetaria / A eclipse nos detectores de contaminación lumínica
« en: 29 de Septiembre de 2015, 13:15:00 »


    Ola a tod@s:

    A variación do sinal rexistrado polos detectores da Rede Galega de Medida do Brillo do Ceo Nocturno (MeteoGalicia-USC) amosa claramente as oscilacións producidas pola eclipse.  A diminución inicial de magnitudes débese á saída da Lúa, até que o comezo da eclipse invirte a tendencia.

   Vai adxunta a gráfica do detector de Xares, na zona do destino Turístico Starlight da Veiga-Pena Trevinca.

   Máis datos e gráficas en http://www.meteogalicia.es/Caire/brillodoceo.action

   Saúdos.
   s.


5
Astronomía Visual / Xornadas sobre Contaminación Lumínica
« en: 02 de Junio de 2015, 15:22:11 »

    Ola! Soamente para comentarvos que do 2 ao 4 de setembro deste ano organizaremos na Facultade de öptica da USC en Compostela as Xornadas "Contaminación Lumínica: Unha Nova Fronteira" no marco da Universidade de Verán 2015. Máis info no pdf adxunto. Para calquera cousa, enviade un correo.

    Apertas,
    s.

6

    Para @s astrofotógraf@s que poidades estar interesad@s: A International Dark-Sky Association (IDA) http://www.darksky.org/ busca fotos para o seu calendario 2016.

    Máis info en http://bit.ly/1Jp5Ujn

    Saúdos,
    s.

7
Efemérides / Eclipse do 20-M: Charla sobre seguridade
« en: 16 de Marzo de 2015, 14:24:20 »
    Ola a tod@s,

    Soamente para comentarvos que o próximo mércores haberá unha charla aberta na Facultade de Óptica e Optometría da USC sobre seguridade na observación da eclipse, a petición dos estudantes. Ás persoas que esteades por Compostela recoméndovos que vos pasedes por ela, non para escoitarme a min que non vou contar nada que non saibades xa, senón a Antonio Piñeiro, médico do Servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e profesor da USC, que é experto en lesións na retina producidas pola observación do sol sen as debidas precaucións. Cópiovos abaixo o anuncio enviado por correo.

    Apertas,
    s.



Título: "Eclipse solar do 20 de Marzo: como observalo con seguridade"
Conferenciantes: Dr. Antonio Piñeiro Ces e Dr. Salvador X. Bará Viñas

Lugar: Aula Magna da Facultade de Óptica e Optometría, Campus Vida, Compostela
Data: Mércores, 18 de Marzo
Hora: 19h


8
Gran campo y cielo profundo / Cazando supernovas
« en: 13 de Enero de 2015, 16:14:22 »


    Ola,

    Supoño que xa veriades esta nova pero just in case: http://elpais.com/elpais/2015/01/09/ciencia/1420760385_602721.html

    Apertas!
    s.


9
Astronomía Visual / Campañas de medida no Parque das Illas Atlánticas
« en: 09 de Enero de 2015, 21:40:38 »


   Ola a tod@s,

   En breve comezaremos a preparar as campañas de inverno-primavera 2015 para a medida da Contaminación Lumínica e a avaliación da calidade do ceo no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que desenvolvemos en colaboración Pro-Am como comentamos no último workshop da C'MON celebrado en decembro pasado en Compostela.

   Xa lles enviamos un correo ás persoas que colaboraron en campañas anteriores ou nos comentaron a súa disponibilidade para participar nas futuras. Se alguén NON recibiu esa mensaxe e está interesado/a en colaborar, pode escribir a <salva.bara en gmail.com> e o engadimos á lista de correo para informar dos obxectivos, procedemento e condicións de participación. 

    Saúdos!
    s.


10
Efemérides / Logos para Ano Internacional da Luz - Galicia
« en: 26 de Diciembre de 2014, 19:42:04 »


     Prezad@s tod@s,

     Estase rematando de preparar a páxina web do Comité Galego do Ano Internacional da Luz 2015. Nela queremos poñer unha sección na que aparezan os logos de todas aquelas entidades que estean intreresadas en participar dun xeito ou outro nesta celebracion científica, cultural e divulgativa.

     Se queredes e vos parece oportuno, podedes enviar (a salva.bara en gmail.com) o logo da vosa asociación, entidade, empresa, etc, xunto coa ligazón que queredes que apareza cando se clique nel. A única condición é ter a intención de organizar algunha actividade relacionada coa luz ao longo de 2015, coincidente cos obxectivos e valores promovidos polo Ano Internacional ( http://www.light2015.org/Home.html ), e usando como parte da imaxe o logo da celebración (adxunto).

     Por se vos resulta de interese, a Unión Astronómica Internacional ten un programa específico dentro do IYL-2015: "Cosmic Light" ( http://iau.org/iyl/ )

     Abrazos,
     s.




11
Meteoros - CMON / International Meteor Conference 2014
« en: 24 de Octubre de 2014, 18:38:09 »

    Prezadísim@s,

    Quen esteades interesad@s no tema de detección de meteoros, tanto con cámaras como vía radio, podedes botarlle un ollo aos pósters, charlas e artigos presentados na International Meteor Conference 2014 celebrada en Giron (Francia) hai un mes. Podedes atopalos en:

http://www.imo.net/imc2014/status.php

Entre outros hai un artigo do grupo de Jenniskens sobre cámaras low-cost que pode pagar a pena:

http://www.imo.net/imc2014/2014-29-wray-final.pdf

    Apertas,
    s.


 

12
Efemérides / Heavens-Above para móbiles
« en: 25 de Junio de 2014, 13:21:44 »


      Ola,

      Está dispoñible unha versión beta de Heavens-Above para móbiles. Podedes probala en

      http://www.heavens-above.com/mobile

      Saúdos,
      s.

13
Efemérides / Heavens-Above, dispoñible en galego
« en: 16 de Junio de 2014, 17:15:40 »

      Ola,

      Xa se pode utilizar a web Heavens-Above en galego (e nunha presada doutras linguas). Soamente tedes que elixir o idioma no despregable que hai na parte superior dereita da páxina inicial.

      http://www.heavens-above.com/

      Saúdos
      s.

14
Astronomía Visual / Petición colaboración: cambios a LED (TimeLine)
« en: 08 de Junio de 2014, 14:04:51 »
     Ola!

     Desde os grupos de investigación que formamos a Rede Española de Estudos sobre a Contaminación Lumínica (REECL) ( http://guaix.fis.ucm.es/splpr/ ) queremos pedirvos a vosa colaboración para documentar os cambios no alumbrado público que se están a producir en cidades, vilas e barrios. Trátase de sacar fotografías das rúas e prazas antes e despois de que se proceda a cambiar o tipo de lámpadas e/ou farolas, de forma que quede constancia de como eran as cousas e dos cambios provocados na paisaxe urbana nocturna.

     O obxectivo é poder avaliarmos se eses cambios de iluminación son para mellor ou para peor desde o punto de vista da Contaminación Lumínica (medindo sobre as imaxes a intensidade das lámpadas e o tipo de cor da luz que emiten). Dado que en moitos lugares están substituíndose as fontes de sodio de alta presión por LEDs, queriamos pedirvos que se vos enterades dalgún cambio de instalacións que se vaia facer proximamente aproveitedes para documentalo ou, se non vos resulta posible, que nos avisedes para intentarmos ir nós.

    Esta actividade é parte do Proxecto TimeLine da REECL. Tedes información técnica de como participar e exemplos dalgunhas imaxes de pobos que cambiaron recentemente a súa iluminación en: http://guaix.fis.ucm.es/splpr/node/31

    Apertas,
    salva.


15
Efemérides / 2015 - Ano Internacional da Luz
« en: 07 de Junio de 2014, 23:12:49 »
     Prezadísim@s,

     En decembro pasado a Asemblea Xeral de Nacións Unidas proclamou 2015 como "Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz", para poñer de manifesto a importancia da luz e as súas aplicacións e celebrar o 200 aniversario da teoría ondulatoria (Fresnel 1815), o 150 da teoría electromagnética (Maxwell 1865), o centenario da relatividade xeral (Einstein 1915) e os cincuenta anos do descubrimento do fondo cósmico de microondas (Penzias e Wilson 1965).

     Acabamos de constituír o Comité Galego do IYL-2015 para promover e coordinar actividades relacionadas con esta celebración, aberto a novas incorporacións. A idea é propoñer ás asociacións e entidades que desexen participar que usen o logo e introduzan contidos relacionados coa luz nalgunhas das actividades que xa veñen desenvolvendo, a fin de que colaborar con este Ano Internacional non lles supoña unha sobrecarga de traballo. O IYL-2015 estrutúrase en catro áreas temáticas: Ciencia da Luz, Tecnoloxías da Luz, Luz na Natureza e Luz e Cultura.

     Para as persoas interesadas adxunto copia da nota informativa e do logo do IYL. Se tedes calquera consulta ou comentario non dubidedes en contactar.

     Apertas,
     salva


Páginas: [1] 2 3 ... 5