Mostrar Mensajes

Esta sección te permite ver todos los posts escritos por este usuario. Ten en cuenta que sólo puedes ver los posts escritos en zonas a las que tienes acceso en este momento.


Temas - DosiVeiga

Páginas: [1] 2 3 ... 16
1
Pois aí o está, o que tantas veces nos comentaba Ramón Iglesias Marzoa, un artigo en Nature, con moitos asinamtes, entre os que polo menos coñecemos todos a Ramón e algúns a J.M. Madiedo, que estivo o ano pasado en AstroGalicia 2016. Seguro que hai máis coñecidos dos foreros entre os asinamtes.

Unha chulada de artigo, por certo. Noraboa!!

2
Salidas / AstroGalicia17: programa, inscricións e sorteo
« en: 27 de Septiembre de 2017, 21:53:47 »
Xa está aquí!!!!
AstroGalicia17: o programa case definitivo.
Lugar: Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño - Ourense).
Datas: do 13 ao 15 de outubro de 2017.
Venres 13 de outubro
20:00-21:00 horas. Chegada ao Náutico de Castrelo. Xestión de inscricións e asignación de espazos para durmir.
21:00 AstroCea: cea temática astronómica.
22:00 horas. Actividade inicial: posible charla, contacontos astronómicos ou proxección de cinema clásico e antigo de temática astronómica. Posible observación pública en función das condicións meteorolóxicas.
22:30 horas. Inicio das observacións. Actividade aberta.
Sábado 14 de outubro
10:30 horas. Inscricións, para os que non asistiran o día anterior. No vestíbulo do Parque Náutico. Espazo astronómico.
11:30 horas. Presentación oficial de AstroGalicia con autoridades. Actividade aberta.
12:00 horas. Charla i. Sala principal. Actividade aberta.
13:30 horas. Descanso e espazo astronómico. Observación solar. Actividade aberta
14:30 horas. Xantar oficial. Actividade pechada.
16:30 horas. Obradoiros i. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.
18:00 horas. Obradoiros ii. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.
19:30 horas. Charla ii. Sala principal. Actividade aberta.
21:00 horas. Cea en grupo. Montaxe telescopios no lugar de observación.
22:00 horas. Inicio de observacións. Actividade aberta.
Domingo 15 de outubro
10:00 horas. Obradoiros iii. Actividade pechada.
12:00 horas. Charla iii. Homenaxe á Cassini. Actividade aberta.
12:30. Charla iv. Actividade aberta.
13:30 horas. Peche da actividade. Recollidas de impresións e avaliación de
Astrogalicia. Actividade pechada.
14:00 Xantar de despedida.
16:00 Visita a adegas. Actividade pechada.

Ponentes (confirmados)
Luis Cuesta, actualmente científico de proxecto no CAB (Centro de AstroBioloxía) do INTA-CSIC.
Cristina López: astrofísica do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA). Pertencente ao equipo descubridor de Próxima Centauri b e proxecto Pale Red Dot. Charla sobre exoplanetas.
Javier Cacho: charla sobre auroras boreales e conexión Terra-Sol. Escritor e explorador. Ex-xefe base antártica española e ex-responsable de comunicación científica do INTA.

Prezos
Socios asociacións astronómicas patrocinadoras (confirmadas xa AstroVigo, Rías Baixas e Ío):
- Inscrición: 20 euros.
- Todo incluído (inscrición, aloxamento albergue e pensión completa 2 días): 80 euros.

Xeral:
- Inscrición: 30 euros.
- Todo incluído (inscrición, aloxamento albergue e pensión completa 2 días): 89 euros.

SORTEO
Entre os inscritos antes do 5 de outubro de 2017: dúas suscricións dixitais á revista AstronomíA Magazine.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

3
Salidas / AstroGalicia17: anuncio previo
« en: 17 de Agosto de 2017, 12:46:53 »
Despois dun longo proceso de varios meses (contactar coas asociacións para evitar solapamentos de actividades, procura dos primeiros poñentes, reserva de espazos...), estamos xa na situación de anunciar a vindeira AstroGalicia17: a festa galega das estrelas.
Data: do venres 13 de outubro ao domingo 15 de outubro de 2017.
Lugar: Parque Náutico de Castrelo (edificio multiusos)
Concello: Castrelo de Miño (Ourense)

Para o programa definitivo aínda faltas flecos polo que esrimamos estará definido nunhas semaniñas. Pero, polo menos, xa podedes marcar no voso calendario as datas para poder asistir e, as aaociacións de afeccionados, tentar non programar outros eventos.

Saúde!!

4
Efemérides / Perseidas 2017: actividades galegas.
« en: 06 de Agosto de 2017, 14:58:12 »
Xa que é de supoñer que todos faredes algo ao redor dos meteoros das perseidas, ben podiamos centralizar a información nun mesmo lugar para compartir.

Pola miña parte faremos unha observación pública o xoves 10 de agosto no Parque Náutico de Castrelo de Miño. Colabora o concello co apagado dos "marabillosos mega-LEDs brancos" que instalou hai un par de meses. O día escollido débese a que venres e sábado hai festival Ribeiro Blues e lograr ver algo esas noites sería misión imposible.

Antes da observación pública caremos, con reserva iso si, unha cea temática astronómica. Catro pratos e un postre con nomes coma: polbo galáctico, crocante da ISS, prato saturniano ou pastel meteórico. Entre prato e prato comentamos cousas de astronomía no que ao final resulta ser unha velada máxica. Que a cea sexa ao aire libre e á beira do río Miño axuda.  :mdr:

5
Todo vale / O Setestrelo; que é?
« en: 10 de Mayo de 2017, 13:56:19 »
Pois iso. Facendo a tradución do APOD galego destes últimos anos a miúdo xorde a mesma dúbida, a tradución de Big Dipper. Adoito por traducila como Carro Maior ou Setestrelo, pois entendo que ese é o nome de seu en galego. Máis o dicionario da RAG reserva para este termo de Setestrelo a definicion das "pléiades". Consultados a este respecto aínda non me dixeron de onde procede a documentación para aseverar isto  :666:

Buscando noutros dicionarios galegos atopo que recollen para o setestrelo a equivalencia ao Carro Maior.

Máis alá da lóxica, un concepto que en lingüística se emprega pouco, de reservar unha palabra tan relevante o normal sería que fose para o carro Maior, circumpolar e útil para atopar a polar, e non para as pléiades, que vai ti a mirar se son 6 ou 7 e que se ven só nunha parte do ano. Aproveitando entón a coxuntura, ademais de pedirvos a vosa docta opinión, varias preguntas para animar o fío:

- lembrades se na vosa infancia oístes a palabra setestrelo na casa ou na aldea? Podedes preguntar aos vosos maiores? A que se referían?

- tedes algunha referencia de texto literario, dicionario galego, estudo... Que recolla a palabra setestrelo e o seu significado?

Prometo preparar un texto recompilatorio cos aportes para falar do tema.

Saúde e grazas anticipadas.

6
Todo vale / Melón (Ourense) vai ser a capital da astronomía
« en: 02 de Abril de 2017, 13:46:29 »
Iso é o que se publica hoxe en La Región de Ourense.

Estaría na serra do Faro de Avión. Cos equipamentos de Forcarei, Lalín e Vila de Cruces xa teriamos 4 nun círculo de 50 km.

7
Sinopse: O Astronomical Picture Of the Day ([ur=http://apod.nasa.govl]apod.nasa.gov[/url]) da NASA é unhas das webs máis antigas (desde 1995) que funciona a cotío. Cada día publica unha fotografía de temática astronómica comentada. Ao longo dun ano, os temas que se publican son do máis variado, o que nos permite construír con estas fotos un percorrido moi interesante polos temas que trata a astronomía e as últimas novidades e descubrimentos da ciencia. Tanto a web como esta charla están dirixidos a un público xenérico e non especializado, coa intención de contribuír á divulgación da ciencia en xeral e a astronomía en particular. Desde hai varios anos, é xa unha tradición que un dos autores da web da NASA, Jerry Bonnell, dea unha charla xusto despois das vacacións de nadal en New York, recompilando as fotografías máis destacadas do ano anterior.

Agora, por terceiro ano consecutivo, damos unha charla semellante da man dun dos tradutores ao galego. Xa imos camiño de que se converta nunha tradición anual. A ver cando duran as forzas  :whistle:

Título: APOD da NASA 2016, un ano de astronomía en galego.
Lugar: Ateneo de Ourense, Av. Habana, 25.
Data: sábado, 21 de xaneiro de 2017.
Hora: 20:00 horas.

Outras cidades: acabo de mandarlle a info a varias asociación galegas. Así que durante os vindeiros días, se están interesadas (como en anos anteriores), anunciaremos convocatorias semellantes noutras cidades. Se alguén está interesado e non recibiu a miña mensaxe, facédemo saber por favor. E grazas!!

8
Todo vale / Libro de astronomía de balde HOXE
« en: 17 de Octubre de 2016, 13:33:44 »
O libro de Ana Ulla (que estivo dando unha charla e un obradoiro de astronomía no AstroGalicia 2016) "Desde el jardín, las estrellas", está hoxe de balde para a súa descarga na tenda de Amazon. Así que aproveitade... aínda que se trata dunha novela curta destinada a público infanto-xuvenil pode ser interesante tamén para adultos. A descarga é tanto para formato Kimdle como para o resto dos formatos dixitais.

Lembrade, de balde só hoxe 17 de outubro de 2016.

A ligazón: https://www.amazon.es/s/ref=nb_sb_noss_2?__mk_es_ES=%C3%85M%C3%85%C5%BD%C3%95%C3%91&url=search-alias%3Ddigital-text&field-keywords=desde+el+jardin+las+estrellas

9
Salidas / AstroGalicia16: festa galega das estrelas. Programa final.
« en: 02 de Octubre de 2016, 14:19:51 »
Velaquí o programa final. Suxeito a variacións, por suposto, que nunha semana as cousas poden cambiar algo. Lembrade que este ano será no Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño - Ourense).
Venres 7 de outubro
Desde as 19:00: recepción e inscrición de asistentes
21:00 Cea de inscritos (carta de racións de outuno).
22:00 Comezo das actividades.
  • Homenaxe á misión Rosetta.
  • Pre-estrea mundial de “O mestre de astronomía”, sobre partituras de música medieval de Ramón de Pareja, comentarios sobre o coñecemento astronómica da época entre as pezas instrumentais adicadas aos planetas. Música a cargo de Juan Vázquez.
  • Observación con telescopio da Lúa, Saturno, Marte e outros astros.
Sábado 8 de outubro
11:45 Presentación oficial das actividades. Benvida de Xurxo Rodríguez (alcalde do Concello de Castrelo de Miño) e presentación ao cargo de X. Dosi Veiga (responsable da organización).
12:00
Charla i (acceso libre).
José María Madiedo: profesor titular da Universidade de Huelva e colaborador da Fundación AstroHita.
13:30 Observación solar con telescopio H-alfa (acceso libre). Coa colaboraciónd e AstroVigo.
14:00 Xantar.
16:00 Obradoiros (só inscritos).
  • Iniciación: a cargo de Jorge Arranz (Agrupación Astronómica de Madrid) e José Luis Cuesta (colaborado do INTA-CAB). Dirixido aos asistentes que queiran iniciarse no mundo da astronomía.
  • Perfeccionamento: dirixidos especialmente a astrónomos afeccionados que queiran afondar nalgún dos aspectos da astronomía que máis lles interesen.
  • Observación e detección de meteoros mediante radio: a cargo de J. M. Madiedo.
  • Emprego de receptores dixitais asequibles en radio-astronomía: a cargo de Javi Moldes (grupo www.cacharreo.es).
  • Como colaborar en proxectos profesionais de ocultación por asteroides: a cargo de Ramón Iglesias Marzoa (Observatorio de Javalambre).
  • Oculares para a observación visual: a cargo de Jorge Arranz.
19:00 Charla ii (acceso libre).
Ana Ulla: profesora titular da Universidade de Vigo.
o proxecto da axencia espacial europea Gaia. Primeiros resultados e traballo futuro.
21:00 Cea astronómica para os inscritos.
22:00 Observación astronómica (acceso libre):
  • Exemplo en directo de posible ocultación de estrela por asteroide.
  • Participación na International Observe the Moon Night.
  • Observación da Lúa, Saturno, Marte e outros obxectos astronómicos.
  • Anotados unha ducia de telescopios.
  • Prácticas dos inscritos no Obradoiro de iniciación.
Domingo 9 de outubro
11:00 Obradoiros para inscritos. Repetición dalgún dos obradoiros do día anterior que tiveran maior demanda.
12:00 Charla iii (acceso libre).
Charla a cargo de Centro de AstroBioloxia/CAB (INTA-CSIC, Instituto Nacional de Tecnica Aeroespacial - Consejo Superior de Investigaciones Científicas). Pendente de confirmar.
14:00 Xantar oficial de despedida.
16:30 Visita a adega de viño (máximo de 20 persoas).

Prezos
Inscrición: 20 € (10 € para socios de entidades patrocinadoras e empadroados no Concello de Castrelo de Miño)
Diferentes opcións de aloxamento e manutención:
no albergue municipal (cuartos con liteiras compartidos) en pensión completa: 78 € (68 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento pero con xantares e ceas os dous dias: 64 € (54 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento nin a cea do primeiro día: 52 € (42 € socios de entidades patrocinadoras)
Outras opcións: o restaurante e cafetería do Parque Náutico está dispoñible para todos aqueles que queiran achegarse de xeito puntual con menú de fin de semana a 12 € e cea á carta.

Patrocinadores
Concello de Castrelo de Miño
Agrupación Astronómica Coruñesa Io
Agrupación Astronómica Rías Baixas
AstroVigo
Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra
Clube Compostelán Vega de Astronomía
Ourense Astronómico
Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica


10
Xa está, case definitivo, o programa de AstroGalicia16. Pero como ata o luns ou martes non teremos a web con toda a información, quería que os usuarios deste foro e as socios das asociacións patrocinadoras teñan uns días previos para inscribirse e obter un desconto de 5 € nos prezos.
Onde
En Castrelo de Miño (Ourense), no edificio do Parque Náutico. No mesmo edificio contamos con cafetería, restaurante, salas de reunións e actividades e albergue municipal. A 5 km de Ribadavia (Ourense), a onde se accede pola autovía A-52.
Programa
Provisorio, haberá algún cambio.
Venres 7 de outubro
Desde as 19:00: recepción e inscrición de asistentes
21:00 Cea de inscritos (carta de racións de outuno).
22:00 Comezo das actividades.
Sábado 8 de outubro
11:45 Presentación oficial das actividades.
12:00 Charla i.
13:30 Observación solar con telescopio H-alfa
14:00 Xantar
16:00 Obradoiros de iniciación e avanzados para inscritos.
19:00 Charla ii.
21:00 Cea astronómica para os inscritos
22:00 Participación na International Observe the Moon Night; concentración de telescopios.
Domingo 9 de outubro
11:00 Obradoiros para inscritos.
12:00 Charla iii.
14:00 Xantar oficial de despedida.

Prezos
Inscrición: 20 € (10 € para socios de entidades patrocinadoras)
Diferentes opcións de aloxamento e manutención:
no albergue municipal (cuartos con liteiras compartidos) en pensión completa: 78 € (68 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento pero con xantares e ceas os dous dias: 64 € (54 € socios de entidades patrocinadoras)
sen aloxamento nin a cea do primeiro día: 52 € (42 € socios de entidades patrocinadoras)
5 euros de desconto cubrindo o formulario de inscrición antes do luns 26 de setembro ás 23:59 e facendo o pagamento antes do mércores 28 de setembro.

Outras opcións: se ningunha destas opcións con desconto se che adaptan, o restaurante e cafetería do Parque Náutico está dispoñible para todos aqueles que queiran achegarse de xeito puntual con menú de fin de semana a 12 € e cea á carta.
Charlas
Ana Ulla, da Universidade de Vigo.
José María Madiedo, Universidade de Huelva e AstroHita.
Persoal do Centro de AstroBioloxía (NASA-INTA).
Obradoiros
Iniciación á astronomía: impartido por Jorge Arranz, destinado a todos os que queiran empezar a coñecer o mundo da astronomía. Partindo da base aprenderemos a coñecer o ceo nocturnos, como se moven os astros, nocións de cosmoloxía e iniciación ao manexo de telescopio.
Avanzado: varios obradoiros impartidos por diferentes ponentes que incluirán detección de meteoros, radioastronomía, oculares...
PRE-INSCRICIÓNS

11
Salidas / XXII Congreso Estatal de Astronomía, Pamplona-Iruña 2016
« en: 19 de Septiembre de 2016, 19:46:47 »
Ben sei que tivo pouca repercusión neste foro, a pesares de ser o encontro máis importante que se celebra cada dous anos. Pero alí estabamos 4 ou 5 galegos polo que toca, non facer unha longa e aburrida crónica, se nin dar as miñas impresións persoais.

O primeiro, houbo charlas moi didácticas e interesantes. Persoalmente, quédome coa do Lobo rayado ou Ángel Gómez. Unha moi boa visión do seu traballo, simpática pero tamén profunda que nos permitiu ver por onde irán os tiros da radioastronomía profesional nos vindeiros anos.

Ao segundo, nas ponencias, ben claro está que ao ser á vez non se pode ir a todo. Había algunha de recheo como en todo congreso. Pero en xeral, como en edicións anteriores, o nivel é moi bo e hai varios proxectos moi chulos que desde Galicia se pode colaborar perfectamente.

Ao terceiro, temos nova colección de libros de astronomía editados por Marcombo e con autores actuais (e moitos xa pasaron por algunha edición de AstroGalicia ou AstroBiocos. Polo momento teñen feito un de Estrelas Dobres, escrito por varios afeccionados que levan xa bastantes anos especializados neste campo (e, como anécdota, inclúe unha foto de Aristarco). Durante moitos anos vai ser a referencia  este campo, seguro. O segundo número é de "Debuxo astronómico" feito, como non, por Leonor. Unha delicia pola fermosura dos debuxos e das explicacións da autora. De aquí a fin de ano haberá outros dous. Un deles, unha edición recollendo o catálogo Messier ao completo.

Ao cuarto e concretando, quédome con dúas referencias que anotei que poden interesar aos habituais e lectores deste foro:

-- espectroscopía: cónstame que hai varios astrónomos galegos teñen todo o equipamento preciso para traballar neste campo. E hai profesionais que van estar encantados de recobir datos (o que implica poder aparecer en futuras comunicacións e artigos científicos). Incluso, presentouse un proxecto de fabricación dun espectroscopio con imprsora 3D :rofl:

-- planetaria. Para os habituais xa coñeceredes o PVOL para mandar as vosas imaxes, un grupo da Uni do País Vasco que recompila, mantén e ofrece base de datos para seguir todos os cambios atmosféricos en Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno (pvol.ehu.eus). Pero agora tamén reciben imaxes de Marte, Venus e Mercurio no PVOL2: http://pvol2.ehu.eus

Ala, aí vos queda.

Ah!, ao quinto... Dentro de dous anos será en Cuenca. Oxalá haxa máis traballos galegos que materias primas xa hai.

12
Salidas / AstroGalicia 2016: confirmando o programa e asociacións colaboradoras
« en: 06 de Septiembre de 2016, 01:01:48 »
AstroGalicia 2016: festa galega da astronomía.
Parque Náutico de Castrelo
Castrelo de Miño (Ourense)
Do 7 ao 9 de outubro de 2016

Pois si, o tema segue adiante, faltaría máis. Quizais se vaia parecer máis á modestia do primeiro AstroGalicia, alá pola década pasada en Forcarei, que montaramos o trío calivera nun mes e pico de prazo, que a unha versión mellorada da anterior edición, pero o tempo e os medios non están a dar para máis  :oops: Xa hai catro meses que empezamos a facer contactos con posibles poñentes pero ata estes días non nos están confirmando a súa dispoñibilidade. Iso si, haberá para todos os gustos e nomes moi, moi interesantes.

Estamos pendentes de confirmar un par de nomes entre os poñentes antes de publicar o programa definitivo, que supoño estará en 15 días. Polo pronto, lémbrovos as datas para que marquedes nas vosas axendas e comecedes a difundir nos vosos círculos de contactos: 7. 8 e 9 de outubro.

Aloxamento: ademais do albergue que está no mesmo edificio, falaremos co concello por se permite o acampado libre preto de alí. En canto a outros aloxamentos, están todos a un mínimo de 5 quilómetros. Pero tamén estamos a negociar con varios para conseguir algún tipo de desconto aos inscritos. Con todo, o lugar está bastante céntrico de varias cidades galegas polo que tamén facilitará a participación dos que só poidades ir a parte das actividades.

Todas as asociacións de afeccionados galegos recibiron un correo hai uns días na procura de patrocinio e/ou colaboración. Como os últimos anos foron algo complicados para este mendalerenda teño a miña axenda algo desactualizada. Así que aproveito este foro público para facer un chamamento a todas as asociacións, por se algunha non recibiu o correo, me poidades enviar un privado para contactar convosco.

En canto ás que xa respostaron, agradecer a AstroVigo que en apenas un día xa aceptaron colaborar  :yipi: e ao resto, que aínda ninguén dixo que non  :intello:

13
Salidas / AstroGalicia 2016: a festa galega da astronomía. Renacendo.
« en: 26 de Junio de 2016, 00:03:43 »
Boas. Pois ao final haberá festa (e cousas serias), e galega (pero pode vir xentiña de fóra) e da astronomía (e temas relacionados). E será, de novo, AstroGalicia. Polo que andaremos pola oitaba ou novena edición (se contamos polo medio os AstroBiocos, claro).

Ante todo, agradecer a todos os compis que colaboraron coas edicións anteriores de AstroGalicia e, sen excepción, autorizáronme para recuperar esa denominación de AstroGalicia. Con todos consultei por correo electrónico (agás despiste ou esquecemento).

Aí van pois os datos principais do conto:
- Que: AstroGalicia 2016. Festa galega da astronomía.
- Onde: en Castrelo de Miño, no edificio do Parque Náutico de Castrelo.
- Cando: 7, 8 e 9 de outubro de 2016.
- Contido: charlas divulgativas para todos os públicos, obradoiros de iniciación e avanzados (onde se poderá escoller entre varias opcións), exposicións, observación común nocturna (se o tempo acompaña) e sorpresas.

Aínda non está pechado o tema dos ponentes. Xa hai algún confirmado, algún que o está a pensar e algún que xa dixo que non podía este ano. Nuns días poremos en marcha unha web para poder inscribirvos con toda a información e máis datos. Esta primeira mensaxe do fío servirá para que, polo menos, poidades ir reservando as datas nas vosas axendas. E facendo as tramitacións de permisos pertinentes nos vosos fogares. :intello:

Algo máis de info:
- o edificio conta cun amplo aparcamento e unha gran zona axardinada á beira do río Miño. No mesmo edificio hai un albergue de 56 camas, bar, restaurante, salas de actividades de diferentes tamaños... Non é o mellor lugar do mundo para unha observación astronómica dado que está á beira do río e a 100 metros de altitude. Pero, iso si, teño a chave de apagado do alumeado público.  :whistle:

- as datas son máis tardías do habitual pois en setembro celébrase o congreso estatal de astronomía en Pamplona. Aínda que ocupa as datas da lúa chea e queda a fin de semana de lúa nova libre, pareceume máis axeitado cambiar de mes este evento, xa que en Pamplona non me pediron permiso para ocupar o mes. Todo se andará. :na:

- Castrelo de Miño está moi ben comunicado, a 5 minutos da saída da autovía A52 que dá a Ribadavia. Isto é, a 25 minutos de Ourense, 45 de Vigo, 55 de Santiago, 80 da Coruña, 100 de Lugo... todo son tempos aproximados e sen garantía contractual.


14
Efemérides / Congreso Estatal de Astronomía, en setembro en Pamplona
« en: 10 de Junio de 2016, 16:16:30 »
Boas,

xa vexo que ninguén publicou aínda o do Congreso Estatal de Astronomía, o http://www.xxiicea.org/. Ou ben ninguén de Galicia vai asistir, ou xa tedes todo organizado. Eu aínda estou valorando a miña asistencia pero xa veremos.

O caso é que, para os que nunca fórades, é un evento excepcional para darse un baño intenso en divulgación, en astronomía e en ciencia. Unha chea de ponencias para todos os gustos, charlas de persoas interesantes (polo momento só vexo confirmada a do director científico da ESA) e actividades paralelas interesantes. E tamén hai que comentar que coñecer Pamplona é unha gozada.

Pois iso, para que non se lle pase a ninguén porque ata o 17 de xullo hai inscrición con prezo reducido, hai desconto para socios de asociacións pertencentes á Federación Española e, se alguén quere enviar algunha ponencia ou póster o último día é o 15 de xuño, como quen di, nun par de días.

Saúde!!

15
Efemérides / Charlas de astronomía en Ourense
« en: 04 de Marzo de 2016, 14:03:37 »
Antonte saíu na prensa e onte recibín o folleto por correo. Como o Alecksei anda tímido,  :intello: póñoo eu aquí.

Seica vai dar unhas charlas no Ateneo de Ourense durante o vindeiro mes con diversas temáticas: arqueoastronomía, Las maravillas del universo, las grandes chapuzas de la NASA o la vida en otros planetas y el fenómeno OVNI.

Adjunto el cartel alusivo.

Páginas: [1] 2 3 ... 16