Mostrar Mensajes

Esta sección te permite ver todos los posts escritos por este usuario. Ten en cuenta que sólo puedes ver los posts escritos en zonas a las que tienes acceso en este momento.


Mensajes - DosiVeiga

Páginas: [1] 2 3 ... 103
1
Pois aí o está, o que tantas veces nos comentaba Ramón Iglesias Marzoa, un artigo en Nature, con moitos asinamtes, entre os que polo menos coñecemos todos a Ramón e algúns a J.M. Madiedo, que estivo o ano pasado en AstroGalicia 2016. Seguro que hai máis coñecidos dos foreros entre os asinamtes.

Unha chulada de artigo, por certo. Noraboa!!

2
Salidas / Re:AstroGalicia17: programa, inscricións e sorteo
« en: 07 de Octubre de 2017, 13:35:59 »
Xa contamos cunha quincena de inscritos, entre os que sortearemos 2 suscricións á revista AstronomíA Magazine. Achégovos o cartel da actividade.

E aos que pensedes en vir apurade, sobre todo polo tema do aloxamento. O albergue que está no mesmo edificio témolo reservado completo pero antes da fin de semana deixaremos libres as habitacións que non teñamos xa reservadas. Polo que non vos podo garantir unha cama a última hora  :intello:


3
Salidas / AstroGalicia17: programa, inscricións e sorteo
« en: 27 de Septiembre de 2017, 21:53:47 »
Xa está aquí!!!!
AstroGalicia17: o programa case definitivo.
Lugar: Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño - Ourense).
Datas: do 13 ao 15 de outubro de 2017.
Venres 13 de outubro
20:00-21:00 horas. Chegada ao Náutico de Castrelo. Xestión de inscricións e asignación de espazos para durmir.
21:00 AstroCea: cea temática astronómica.
22:00 horas. Actividade inicial: posible charla, contacontos astronómicos ou proxección de cinema clásico e antigo de temática astronómica. Posible observación pública en función das condicións meteorolóxicas.
22:30 horas. Inicio das observacións. Actividade aberta.
Sábado 14 de outubro
10:30 horas. Inscricións, para os que non asistiran o día anterior. No vestíbulo do Parque Náutico. Espazo astronómico.
11:30 horas. Presentación oficial de AstroGalicia con autoridades. Actividade aberta.
12:00 horas. Charla i. Sala principal. Actividade aberta.
13:30 horas. Descanso e espazo astronómico. Observación solar. Actividade aberta
14:30 horas. Xantar oficial. Actividade pechada.
16:30 horas. Obradoiros i. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.
18:00 horas. Obradoiros ii. Nas salas habilitadas. Actividade pechada.
19:30 horas. Charla ii. Sala principal. Actividade aberta.
21:00 horas. Cea en grupo. Montaxe telescopios no lugar de observación.
22:00 horas. Inicio de observacións. Actividade aberta.
Domingo 15 de outubro
10:00 horas. Obradoiros iii. Actividade pechada.
12:00 horas. Charla iii. Homenaxe á Cassini. Actividade aberta.
12:30. Charla iv. Actividade aberta.
13:30 horas. Peche da actividade. Recollidas de impresións e avaliación de
Astrogalicia. Actividade pechada.
14:00 Xantar de despedida.
16:00 Visita a adegas. Actividade pechada.

Ponentes (confirmados)
Luis Cuesta, actualmente científico de proxecto no CAB (Centro de AstroBioloxía) do INTA-CSIC.
Cristina López: astrofísica do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA). Pertencente ao equipo descubridor de Próxima Centauri b e proxecto Pale Red Dot. Charla sobre exoplanetas.
Javier Cacho: charla sobre auroras boreales e conexión Terra-Sol. Escritor e explorador. Ex-xefe base antártica española e ex-responsable de comunicación científica do INTA.

Prezos
Socios asociacións astronómicas patrocinadoras (confirmadas xa AstroVigo, Rías Baixas e Ío):
- Inscrición: 20 euros.
- Todo incluído (inscrición, aloxamento albergue e pensión completa 2 días): 80 euros.

Xeral:
- Inscrición: 30 euros.
- Todo incluído (inscrición, aloxamento albergue e pensión completa 2 días): 89 euros.

SORTEO
Entre os inscritos antes do 5 de outubro de 2017: dúas suscricións dixitais á revista AstronomíA Magazine.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

4
Xeral / Re:Ocultación por Tritón na noite do 5 de Outubro.
« en: 10 de Septiembre de 2017, 13:36:14 »
Desde a ignorancia pregunto, cal é o interese desta ocultación? Que se pretende mellorar? Suponse que os parámetros de tamaño dun pedrolo tan grande xa son coñecidos. Non? Ou poden mellorarse? Mirando na web que indicas falan das incógnitas que hai aínda sobre a súa tenue atmosfera. As medicións dos cambios do brillo da estrela de atrás poden aportar info relevante? Ou serían precisas observacións espectroscópicas?

Enlazando coa pregunta anterior e, dado que usuarios deste foro teñen experiencia en espectroscopía amateur (@Aristarco, por exemplo), sería posible cun equipo semellante chegar a facer medidas de composición atmosférica de Tritón?

A verdade é que parece un traballo colaborativo moi interesante porque falamos dun obxecto que ten nome propio, nin máis nin menos que a sétima lúa máis grande do sistema solar.

5
Astrofísica / Re:Será el Redshift el Michelson Morley actual?
« en: 17 de Agosto de 2017, 18:11:56 »
Non estou moi seguro que co sistema ptolemaico se puideran predicir eclipses de sol. Mellor dito, acertar onde se producen. O cando ao mellor. Para as eclipses de lúa xa é outra cousa. De feito, non se foi Hiparco ou algún coetáneo o que prediciu unha eclipse de lúa que tivo lugar na antiga Grecia e que foi protagonista en certa batalla.

Creo ter lido nalgures que Cristóbal Colón foi quen de zafarse duns indíxenas ao predicir unha eclipse (desta volta tamén era lunar), grazas ao emprego das publicacións de Regiomontano, que eran as táboas numéricas máis exactas da época e o foron por moito tempo (máis de 100 anos?). E aínda non re-nacera o heliocentrismo da man de Copérnico.

Por outra banda, a comparación do modelo cosmolóxico actual (que inclúe a materia e enerxía escuras) e a súa vixencia futura co sistema ptolemaico (outras comparacións fanse coa historia do "éter luminifero") son moi de liña gorda. E tamén entender pouco de como funcionan os modelos científicos. Porque a ver, para os gregos antigos, o modelo da Terra no centro do universo e as estrelas fixas nunha esfera que envolvía ao resto de obxectos errantes (planetas, lúa, sol...) era simple, perfecto e concordante coas observacións da época. E, como todo modelo, en canto non puido aturar as novas evidencias observacionais caeu coma castelo de naipes (a pesares das manobras papais en contra).

Non sendo eu un experto en ningnha materia científica e moito menos un científico exercente, non sei se poderei alumear algo máis sobre o asunto. Pero supoño que a existencia de materia e enerxía escura xurdirá a partires da elaboración de certo modelo matemático e ecuacións fisicas e con solucións numéricas que requerirán certa interpretación. Todo iso, aderezado coa existencia de certas evidencias observacionais que requiren de seren explicadas. Polo de agora, a existencia das lupas gravitacionais (dato observacional) e a medida expansión acelerada do universo (se damos por boas as medidas), son as bases da existencia deses dous "obxectos" escuros. A súa natureza é descoñecida, si. Parecen cousa de maxia, si. Pero ogallá a súa explicación dea lugar a unha nova física. Ten en conta que co noso coñecemento científico actual a humanidade está condeada a ficar confinada na Terra por xeracións e xeracións. E eu soño cunha nova fisica que nos permita viaxes no tempo, viaxes a outras galaxias, velocidades do hiperespacio e motores anti-gravitatorios.

6
Salidas / Re:AstroGalicia17: anuncio previo
« en: 17 de Agosto de 2017, 16:44:44 »
Por certo, aínda queda algún oco por cubrir. Así que se tedes algún interese por algún tema en particular (tanto por tratar nunha charla como a modo de obradoiro ou seminario) ou por algún astrónomo/a que vos gustaría que trouxéramos, aínda estades a tempo de comentalo. Aquí ou en privado.

O mesmo, se nalgunha asociación tedes algunha actividade que vos gustaría compartir ou algún obradoiro que pensades é interesante para outra xente, poñédevos en contacto e miramos de incluílo no programa.

Saúde e bos ceos!!

7
Meteoros - CMON / Re:PERSEIDAS 2017.
« en: 17 de Agosto de 2017, 12:50:52 »

P.D. por cierto, J.M. Madiedo, que estuvo por ASTROGALICIA el año pasado y con el que disfrutamos un montón los asistentes, acaba de publicar un libro sobre el tema que tiene una pintaza fantástica.

https://www.youtube.com/watch?v=1cVSZ1Cf784&feature=youtu.be

Saludetes  8)

O propio Madiedo publicou unha imaxe combinando todos os meteoros capturados por unha das súas cámaras nocturnas. Fixeches un conteo de meteoros captados? Unha estimación de caídos (captados en función de amplitude de campo)?

8
Salidas / AstroGalicia17: anuncio previo
« en: 17 de Agosto de 2017, 12:46:53 »
Despois dun longo proceso de varios meses (contactar coas asociacións para evitar solapamentos de actividades, procura dos primeiros poñentes, reserva de espazos...), estamos xa na situación de anunciar a vindeira AstroGalicia17: a festa galega das estrelas.
Data: do venres 13 de outubro ao domingo 15 de outubro de 2017.
Lugar: Parque Náutico de Castrelo (edificio multiusos)
Concello: Castrelo de Miño (Ourense)

Para o programa definitivo aínda faltas flecos polo que esrimamos estará definido nunhas semaniñas. Pero, polo menos, xa podedes marcar no voso calendario as datas para poder asistir e, as aaociacións de afeccionados, tentar non programar outros eventos.

Saúde!!

9
Efemérides / Perseidas 2017: actividades galegas.
« en: 06 de Agosto de 2017, 14:58:12 »
Xa que é de supoñer que todos faredes algo ao redor dos meteoros das perseidas, ben podiamos centralizar a información nun mesmo lugar para compartir.

Pola miña parte faremos unha observación pública o xoves 10 de agosto no Parque Náutico de Castrelo de Miño. Colabora o concello co apagado dos "marabillosos mega-LEDs brancos" que instalou hai un par de meses. O día escollido débese a que venres e sábado hai festival Ribeiro Blues e lograr ver algo esas noites sería misión imposible.

Antes da observación pública caremos, con reserva iso si, unha cea temática astronómica. Catro pratos e un postre con nomes coma: polbo galáctico, crocante da ISS, prato saturniano ou pastel meteórico. Entre prato e prato comentamos cousas de astronomía no que ao final resulta ser unha velada máxica. Que a cea sexa ao aire libre e á beira do río Miño axuda.  :mdr:

10
Conste que os que non temos capacidade técnica para estes proxectos seguimos con atención os vosos resultados. Tanto positivos coma negativos. Paréceme moi interesante.

11
Astrofísica / Re:Será el Redshift el Michelson Morley actual?
« en: 06 de Agosto de 2017, 14:48:44 »
Joer... alguén che botou un óso, pegaches nel e non o soltas. Non sei se interrumpir este diálogo, por veces absurdo, de ti consigo mesmo. Ademais enganchas e enleas temas un tras outro e faise difícil, en fins. Cousas das prolongadas vacacións docentes de verán.

A ver, "quantum defect" é a primeira vez que o escoito. Ou é algo recente ou moi específico. Cando pase o verán podo botarlle unha ollada ao tema ese, pero xa supoño que estarás a outra cousa.

O que falas do absurdo da expansión do universo e todo iso que dis despois, absurdo? Absurdo será tratar de encaixar a complexidade da natureza no noso esquema intelectual pitagórico e euleriano, de xeometría plana, onde o que non vemos nos costa comprender. Pero eu prefiro darlle a volta ao asunto. Hoxe temos un modelo cosmolóxico que, desde hai máis de medio século, dá resposta ás observacións astronómicas. É máis, dito modelo vai sendo modificado para dar saída a novos achádegos e descubrimentos. É un modelo complicado de dixerir? Pois si. Incluso, para poder entendelo de todo hai que ter coñecementos matemáticos moi específicos e avanzados. Pero os números cadran. E se dentro duns anos hai algunha evidencia experimentalmque obrigue a buscar un modelo cosmolóxico completamente diferente non teñas medo, a ollos humanos será igual de absurdo. Hai que pensar en que somos simios evolucionados tratando de comprender todo o cosmos, do que somos fillos.

Desprazamentos ao vermello maiores ca 4? Por suposto que vas ter dificultades. Creo que andan por aí os récords de detección, en 4 e pico. E moito maiores non poderán ser nunca considerando o tamaño do universo observable.

12
Todo vale / Re:O Setestrelo; que é?
« en: 10 de Mayo de 2017, 14:05:46 »
Acabo de atopar que o Estravís recolle as dúas acepcións, para curarse en saúde; http://www.estraviz.org/Sete-Estrelo

13
Todo vale / O Setestrelo; que é?
« en: 10 de Mayo de 2017, 13:56:19 »
Pois iso. Facendo a tradución do APOD galego destes últimos anos a miúdo xorde a mesma dúbida, a tradución de Big Dipper. Adoito por traducila como Carro Maior ou Setestrelo, pois entendo que ese é o nome de seu en galego. Máis o dicionario da RAG reserva para este termo de Setestrelo a definicion das "pléiades". Consultados a este respecto aínda non me dixeron de onde procede a documentación para aseverar isto  :666:

Buscando noutros dicionarios galegos atopo que recollen para o setestrelo a equivalencia ao Carro Maior.

Máis alá da lóxica, un concepto que en lingüística se emprega pouco, de reservar unha palabra tan relevante o normal sería que fose para o carro Maior, circumpolar e útil para atopar a polar, e non para as pléiades, que vai ti a mirar se son 6 ou 7 e que se ven só nunha parte do ano. Aproveitando entón a coxuntura, ademais de pedirvos a vosa docta opinión, varias preguntas para animar o fío:

- lembrades se na vosa infancia oístes a palabra setestrelo na casa ou na aldea? Podedes preguntar aos vosos maiores? A que se referían?

- tedes algunha referencia de texto literario, dicionario galego, estudo... Que recolla a palabra setestrelo e o seu significado?

Prometo preparar un texto recompilatorio cos aportes para falar do tema.

Saúde e grazas anticipadas.

14
Todo vale / Re:10 anos de www.astromania.es
« en: 11 de Abril de 2017, 11:58:31 »
Despóis da propagación de dns máis larga da historia, we're back online!
Seguro que é pra mellor!!
 8)

Pero claro, andamos todo o sábado de carallada, domingo de resaca... Nin que as DNS se propagaran soas  :666:

15
Todo vale / Re:10 anos de www.astromania.es
« en: 05 de Abril de 2017, 18:43:12 »
Cunha xanela temporal tan ampla, difícil  :666:

Bah veña, confírmoche eu que está ben o de 18. Total, por tres euros... E así contas cun mínimo de aprobación. Estou a tempo?

Páginas: [1] 2 3 ... 103