Foro de astronomía - astromania.es

General => Todo vale => Mensaje iniciado por: DosiVeiga en 23 de Octubre de 2017, 14:31:15

Título: Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: DosiVeiga en 23 de Octubre de 2017, 14:31:15
Pois xa está. Os que estivestes en AstroGalicia17 algo vos cheirastes. Os que non, ninflowers! Pero xa teño en marcha o meu novo proxecto de divulgación científica e astronómica.
Ceos Galegos (http://ceosgalegos.com/) é un proxecto de comunicación social da ciencia ao través de fotos, imaxes e visións do ceo. O ceo diúrno, o ceo nocturno, as nubes, as tormentas, os fenómenos atmosféricos extremos, todo ten e terá cabida neste proxecto. As imaxes son propias ou aportadas polos colaboradores e amigos. Os textos son de creación propia agás indicación do contrario. Polo pronto, xa temos no mercado para a súa compra un "calendario astronómico 2018".

Non sei se será o único calendario astronómico editado no país, o único en galego, o único con imaxes de afeccionados e profesionais, o único con efemérides astronómicas adaptadas a Galicia, o único con textos breves explicativos da ciencia por tras de cada foto, o único... Pero seguro que algo diso o é.

O que si sei é que, e podedes confirmar os que o tivestes na vosa man, se trata dun produto fermoso, bonito, útil e moi chulo. E xa sabedes que non son moito de presumir nas redes dos traballos propios. Pero neste caso, como eu teño o menor dos méritos (simplemente fago a edición), a fermosura está nas imaxes dos contribuíntes (Óscar, Alfredo, Ángel e outros) e no deseño gráfico do profesional.

Na web de Ceos Galegos tedes mostra dalgunha das súas páxinas. A ver como resulta o proxecto e agardo que vos guste.

Evidentemente, agradécese todo comentario, crítica (se é construtiva mellor), ideas de futuro... ben neste mesmo foro ou enviando un correo ao proxecto directamente info ALGARROBA ceosgalegos.com

Ah, e se nos seguides en twitter (@ceosgalegos) pois moito mellor. Tamén andamos polo instagram e polo feisbuc (pero este último é un sindiós de ruído).

Un saúdo.
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: Pablo en 24 de Octubre de 2017, 22:52:13
Pois eu xa o teño colgado na parede e a verdade e que quedou fetén.

Mola moito  :yes: :yes: :yes:
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: RICK en 31 de Octubre de 2017, 20:43:23
Moi chulo!! tamén o teño!!  :party:
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: DosiVeiga en 02 de Noviembre de 2017, 13:34:42
Pois xa dirás como o conseguiches. En Ourense (e non chamaches para un café  :diablo:)? En Santiago? En Lugo? Ou tes unha copia pirata e de mala calidade  :whip:?
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: Pablo Canedo en 03 de Noviembre de 2017, 09:45:25
Pois a Carballo aínda non chegou! Alguén terá o torrent por ahí para compartir?
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: alejandromeira en 04 de Noviembre de 2017, 08:29:56
É de balde ou de merchandising??? :meuh:
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: RICK en 04 de Noviembre de 2017, 08:47:51
Pois xa dirás como o conseguiches. En Ourense (e non chamaches para un café  :diablo:)? En Santiago? En Lugo? Ou tes unha copia pirata e de mala calidade  :whip:?
Colega de Compostela (Jose, que foi con nos a verte de charlatán o ano pasado), decidiu mercar pra él e outro pra min de regalo,,, xa sabes que si vou a Ourense non paso sin foderte un café  :na:
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: DosiVeiga en 04 de Noviembre de 2017, 15:01:26
É de balde ou de merchandising??? :meuh:
Si, ho. Érache boa se colase. Unha edición profesional, pagando imprenta, deseño gráfico, dereitos de autor... anda ho. Achégate por Tanco ou por Káthedra e merca os regalos de nadal anda, que vas quedar como un rei. A extra de nadal ten que darche para iso e moito máis. E se queres máis info: www.ceosgalegos.com (http://www.ceosgalegos.com)
 :666:
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: alejandromeira en 05 de Noviembre de 2017, 15:12:06
Xa Home xa, que a pregunta iba con retranca.
Non me cabe dúbida que será toda unha obra de arte.
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: ursaminor en 05 de Noviembre de 2017, 23:03:45
Los llevaréis al CMON para que los podamos comprar?  :yipi: :yipi:
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: DosiVeiga en 12 de Noviembre de 2017, 20:08:17
Los llevaréis al CMON para que los podamos comprar?  :yipi: :yipi:
Pois non contaba pero aínda non o decidín. No coche sempre levo algún. Pero se vives nunha cidade onde estea á venda, achégate a algunha libraría a mercalo (http://ceosgalegos.com/onde-mercalo/librarias.html) (vaiche valer o mesmo), e tamén ven que estes temas interesan. Temos xa puntos de venda en Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Cangas do Morrazo.

Saúde!!
Título: Re:Ceos galegos: proxecto de divulgación e edición propia
Publicado por: DosiVeiga en 12 de Noviembre de 2017, 20:09:54
Xa Home xa, que a pregunta iba con retranca.
Non me cabe dúbida que será toda unha obra de arte.
Algo de arte ten. As fotos son moi chulas. Hai temáticas variadas (paisaxes, ceo profundo, ceos en diversas estacións, monumentos emblemáticos...) e as imaxes están ben enfocadas  :666: