Foro de astronomía - astromania.es

Astrofotografía y observación => Ocultacións - CMON => 2014 => Mensaje iniciado por: rimarzoa en 28 de Octubre de 2014, 02:51:32

Título: III Workshop CMON
Publicado por: rimarzoa en 28 de Octubre de 2014, 02:51:32
=========================================================================================
                                     III Wokshop CMON
=========================================================================================

Logo do éxito das anteriores edicións, convocamos o III Workshop CMON que, de novo,
faremos en Santiago de Compostela o próximo 13 de decembro.
Ó igual que o ano pasado, nesta convocatoria non só queremos centrarnos nas
observacións de ocultacións e meteoros, senón en calquera outras observacións que consideredes
interesantes (estrelas variables, tránsitos de exoplanetas, astrometría de corpos menores,
imaxe planetaria e luar, actividade solar, etc...). A idea é aprender técnicas e tecnoloxías
de observación e coñecer resultados tanto de profesionáis como de afeccionados.

Data: Sábado, 13 de decembro de 2013.
Lugar: edificio do Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.

Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos
astronómicos en xeral.

Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada nos obxetivos anteriores, con independencia de
se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar
a outros os seus descubrimentos.

Programa (provisional):
----------------------------
11:30 a 12:30: presentacións varias.
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:00: presentacións varias.
17:00 a 17:30: descanso.
17:30 a 18:30: presentacións varias.

Calendario:
--------------
10 de novembro: "call for papers".
5 de decembro: data final do "call for papers". Data final para apuntarse.
8 de decembro: publicación do programa definitivo.
13 de decembro: ¡vémonos en Santiago!

É necesario apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop.

"Call for papers".
Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación
oral de 15 minutos máis 5 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos dun proxector de presentacións con
pantalla para que proxectedes o voso traballo.

A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumen (por favor, non máis dun par de liñas)
e enviaráse por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do "call for papers", cando se
elaborará o programa definitivo coas presentacións recibidas.

Comida.
Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun "menú autoservicio"
que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,60 euros) ou un prato e postre
(medio menú, 4,60 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.

O correo electrónico de contacto será:

rimarzoa (en) yahoo (punto) es

Un saúdo e vémonos o día 13.
Ramón.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: Pablo en 28 de Octubre de 2014, 13:54:41
  :yipi: :yipi: :yipi: Alí estarei se nada o impide.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: DosiVeiga en 30 de Octubre de 2014, 01:10:03
Estaremos, estaremos  :party: :party:
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: Madmartigan en 19 de Noviembre de 2014, 17:43:24
Eu creo que teño unha cea esa noite, pero tratarei de ir e saír de ahi antes das 19:30H
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: etheotonio en 19 de Noviembre de 2014, 19:26:37
Si no hay novedad que lo impida, Paco y yo también iremos.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: monje en 26 de Noviembre de 2014, 18:00:44
Ehhhh....

¿Algún voluntario que haga una mini-pag web con info del programa, como llegar y cosas  así??

El el trabajo me dicen que lo difunden por Twiter, pero poner el link al hilo del foro queda un poco triste (en mi humilde opinión...)

No sé: alguien que tenga un blog o algo así....  :whistle: :whistle: :whistle:
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: rimarzoa en 26 de Noviembre de 2014, 19:09:47
Ola rapaces e rapazas:
Para que vexades que xa está movendo o asunto póñovos unha lista das ponencias/charlas confirmadas para este III Workshop CMON.

Luis Francisco Pérez
Título: Fotometría de estrelas variables.
Resumen: Fotometría diferencial con CCD por aficionados: exemplo de observación dunha binaria eclipsante e cálculo da curva de luz con Fotodif.

Salvador Bará Viñas
Título: "Campañas de investigación sobre Contaminación Lumínica en Galicia"
Resumen: Nesta charla se presentan as accións de investigación sobre
contaminación lumínica en Galicia que se están desenvolvendo desde a USC
en colaboración con insitucións públicas e entidades sociais.

Compoñentes do equipo cacharreo.es
Título: Detección de meteoros no Albergue dos Biocos
Resumen: Posta en marcha de estación detectora de meteoros en radio e en visual
no Albergue dos Biocos, primeiras experiencias.

X. Dosi Veiga
Título: Detección de meteoros no Albergue dos Biocos
Resumen: A disposición universal de internet, de smart phones , de ordenadores
interconectados, é aproveitada para diversos proxectos científicos colaborativos.
De xeito individual, podemos participar en investigacións relacionadas coa astronomía
aínda que non teñamos moitos coñecementos.

Óscar Blanco
Título: Astrofoto a lo grande.
Resumen: Equipos y técnicas de fotografía astronómica de gran campo.
Especial atención a los paisajes nocturnos y los panoramas.

Borja Tosar
Título: Detección e caracterización de exoplanetas dende o OAF (Observatorio Astronómico de Forcarei)
Resumen: Fai 20 anos a detección dun exoplaneta era unha das froiteiras tecnoloxicas da astronomía, hoxe grazas a mellora das camaras e posible detectar exoplanetas con telescopios pequenos e camaras de baixo coste. No observatorio  astronómico de Forcarei (OAF) temos en marcha un programa de detección e carecterización aberto a colaboracións.

Hugo González/Ricardo Moreno
Título: Nuevos proyectos en el OAF (Observatorio Astronómico de Forcarei)
Resumen: Explicaremos los nuevos proyectos que se están desarrollando en el OAF, y su integración en los proyectos comunes en Galicia e, incluso, a nivel nacional.

Coloquio aberto:
A nova Federación de Asociaciones Astronómicas de España.
Modera: Rubén Díez Lázaro.

Rubén Díez Lázaro (monje)
Título: Estación SQM desatendida basada en PySQM y Raspberry Pi
Resumen: Se presenta un proyecto de recolección de datos de contaminación lumínica auspiciado por el Observatorio Astronómico de Forcarei. La solución propuesta consiste en un dispositivo recolector de datos de CL razonablemente a prueba de fallos, de funcionamiento desatendido y económico, susceptible de ser fácilmente implementado y empleado por cualquier aficionado que desee montar una estación de recolección de datos de CL. El sistema se basa en una Raspberry Pi y el software PySQM.

Ramón Iglesias Marzoa
Título: A posible binaria V1412 Aql. Un misterio aínda sen resolver.
Resumen: V1412 Aql é unha anana branca que sufreu dúas caidas de brillo. Sospéitase que pode ser un sistema binario cunha secundaria moi pouco masiva (anana marrón ou exoplaneta). Como o período non é coñecido as masas das compoñentes non se poden estimar. Propónse unha campaña de observación a longo prazo para tratar de medir un novo eclipse neste sistema e calcular o período orbital.

Ainda temos uns cantos ocos libres polo que animo a todos aqueles que nos queiran dar unha pequena charla sobre algún aspecto que domine a que se apunte. Xa sabedes, correo a min e arreglado.
Estamos a contactar con algunha xente que tamén nos parece interesante.
Saúdos.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: DosiVeiga en 26 de Noviembre de 2014, 20:39:42
Ehhhh....

¿Algún voluntario que haga una mini-pag web con info del programa, como llegar y cosas  así??

El el trabajo me dicen que lo difunden por Twiter, pero poner el link al hilo del foro queda un poco triste (en mi humilde opinión...)

No sé: alguien que tenga un blog o algo así....  :whistle: :whistle: :whistle:
En tempos, era a idea do dominio www.astrogalicia.org, que aínda temos. Para isto, ao mellor é máis funcional crear un evento en caralibro ou feisbuc(si, a min dáme alerxia), algo que empeza a ser habitual para a difusión de saraos. Eu comprométome a tuitealo en directo ;-)

Edito: e de haber algo tamén difundirei entre os inscritos en Astrobiocos, e tamén poden aproveitalo os radioafeccionados para as súas redes. Ah, e tamén nas news da Asociación de Divulgadores www.divulgaccion.org  (http://www.divulgaccion.org)claro.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: DosiVeiga en 26 de Noviembre de 2014, 20:45:25
Ola rapaces e rapazas:
Para que vexades que xa está movendo o asunto póñovos unha lista das ponencias/charlas confirmadas para este III Workshop CMON.

...

Ainda temos uns cantos ocos libres polo que animo a todos aqueles que nos queiran dar unha pequena charla sobre algún aspecto que domine a que se apunte. Xa sabedes, correo a min e arreglado.
Estamos a contactar con algunha xente que tamén nos parece interesante.
Saúdos.

Pois vai tendo boa pinta. Boto en falta algún tema do que se falou no foro este último ano que penso estaría ben ter noticias e reviews  :oops: E non miro a ninguén.

Tamén sería chulo que se animara xente que non participa neste foro pero que sabemos que fai cousas. Veña rapaces e rapazas, aportade, participade e difundide!!
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: rimarzoa en 01 de Diciembre de 2014, 20:42:00
Ola a todos:

Acabo de actualizar a lista de relatorios confirmados para o III Workshop CMON cun par de actividades novas. Tamén temos confirmada algunha máis pero nos faltan detalles.

Non vos esquezades de que este venres é a data límite para presentar traballos. Ánimo a todos aqueles que tedes algo que contar que seguro que os hai. ;)

Saúdos.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: monje en 03 de Diciembre de 2014, 13:25:09
Ehhhh....

¿Algún voluntario que haga una mini-pag web con info del programa, como llegar y cosas  así??

El el trabajo me dicen que lo difunden por Twiter, pero poner el link al hilo del foro queda un poco triste (en mi humilde opinión...)

No sé: alguien que tenga un blog o algo así....  :whistle: :whistle: :whistle:

Ya lo hice yo... es algo cutre, pero el diseño no el lo mío....

http://denebola.org/japp/vega/?p=526 (http://denebola.org/japp/vega/?p=526)

Saludo y nos vemos en el CMON!!!
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: oscar en 04 de Diciembre de 2014, 12:23:33
Ha quedado cojonudo!

Nos vemos el día 13 y si está despejado...a ver las Gemínidas por ahí luego.

Deica
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: rimarzoa en 04 de Diciembre de 2014, 17:09:24
Ola a todos/as:
acabo de volver a actualizar a lista de ponencias confirmadas para o III Workshop CMON. Podedes vela no meu post do 26 de novembro.

http://astromania.es/index.php?topic=3918.msg24791#msg24791 (http://astromania.es/index.php?topic=3918.msg24791#msg24791)

Esto pónse interesante. Xa vamos cubrindo todos os ocos con ponencias do máis variado. E tamén se está a apuntar bastante xente. Lembrade enviarme un correo se pensades asistir. :rules:
Saúdos.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: rimarzoa en 07 de Diciembre de 2014, 02:32:07
Cumprindo co programa que vos presentamos na mensaxe do 28 de outubro presentamos o programa definitivo do III Workshop CMON.

=========================================================================================
                                     III Wokshop CMON (programa definitivo)
=========================================================================================

11:00: Presentación.

11:10: Óscar Blanco, "Astrofoto a lo grande"
Equipos y técnicas de fotografía astronómica de gran campo. Especial atención a los paisajes nocturnos y los panoramas.

11:30: Borja Tosar, "Detección e caracterización de exoplanetas dende o OAF"
Fai 20 anos a detección dun exoplaneta era unha das froiteiras tecnoloxicas da astronomía, hoxe grazas a mellora das camaras e posible detectar exoplanetas con telescopios pequenos e camaras de baixo coste. No observatorio  astronómico de Forcarei (OAF) temos en marcha un programa de detección e carecterización aberto a colaboracións.

11:50: Javier Moldes (equipo de cacharreo.es), "Detección de meteoros no Albergue dos Biocos"
Posta en marcha de estación detectora de meteoros en radio e en visual no Albergue dos Biocos, primeiras experiencias.

12:10: X. Dosi Veiga, "Proxectos de ciencia cidadá"
A disposición universal de internet, de smart phones , de ordenadores interconectados, é aproveitada para diversos proxectos científicos colaborativos. De xeito individual, podemos participar en investigacións relacionadas coa astronomía aínda que non teñamos moitos coñecementos.

12:30: descanso.

13:00: Luis Francisco Pérez, "Fotometría de estrelas variables"
Fotometría diferencial con CCD por aficionados: exemplo de observación dunha binaria eclipsante e cálculo da curva de luz con Fotodif.

13:20: coloquio, "Coordinación de observacións de meteoros"
Moderador: Hugo González / Ricardo Moreno

14:00: a comer.

16:00: Salvador Bará Viñas, "Campañas de investigación sobre Contaminación Lumínica en Galicia"
Nesta charla se presentan as accións de investigación sobre contaminación lumínica en Galicia que se están desenvolvendo desde a USC en colaboración con insitucións públicas e entidades sociais.

16:20: Hugo González/Ricardo Moreno, "Nuevos proyectos en el OAF (Observatorio Astronómico de Forcarei)"
Explicaremos los nuevos proyectos que se están desarrollando en el OAF, y su integración en los proyectos comunes en Galicia e, incluso, a nivel nacional.

16:40: Rubén Díez Lázaro, "Estación SQM desatendida basada en PySQM y Raspberry Pi"
Se presenta un proyecto de recolección de datos de contaminación lumínica auspiciado por el Observatorio Astronómico de Forcarei. La solución propuesta consiste en un dispositivo recolector de datos de CL razonablemente a prueba de fallos, de funcionamiento desatendido y económico, susceptible de ser fácilmente implementado y empleado por cualquier aficionado que desee montar una estación de recolección de datos de CL. El sistema se basa en una Raspberry Pi y el software PySQM.

17:00: descanso.

17:30: Ramón Iglesias Marzoa, "A posible binaria V1412 Aql. Un misterio sen resolver".
V1412 Aql é unha anana branca que sufreu dúas caidas de brillo en épocas pasadas. Sospéitase que pode ser un sistema binario cunha secundaria moi pouco masiva (anana marrón ou exoplaneta). Como o período non é coñecido as masas das compoñentes non se poden estimar. Propónse unha campaña de observación a longo prazo para tratar de medir un novo eclipse neste sistema e calcular o período orbital.

17:50: Pablo Martínez Alemparte, "Proxecto Supernovae: búsqueda e rexistro de Supernovas dende o OAF"
O rexistro en imaxe e búsqueda de eventos de tipo Supernova é dende fai anos unha das lineas na que os astronomos amateur seguen a ter un espazo privilexiado. No marco dos novos proxectos a desenrolar dende as instalacións do OAF está "Supernovae".

18:10: Coloquio, "A nova Federación de Asociaciones Astronómicas de España"
Moderador: Rubén Díez Lázaro.

19:00: clausura.

Un saúdo e vémonos o sábado en Compostela.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: Javier en 07 de Diciembre de 2014, 22:04:52
buen programa... pero no se si podré ir hasta el ultimo minuto.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: rimarzoa en 08 de Diciembre de 2014, 19:50:44
Ola a todos:
No clube Vega temos unha páxina adicada ó programa definitivo do Workshop CMON. A ligazón é  esta:

http://denebola.org/japp/vega/?page_id=534

Queda un pouco mellor que a edición en modo texto que tivemos ata o de agora.
Saúdos.
R
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: Xoán Cardelle en 08 de Diciembre de 2014, 22:07:06
Moi ben feito.

Eu xa o compartin no facebook da A.A.C. Ío.

Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: Enrique en 08 de Diciembre de 2014, 22:56:44
Allí espero estar.

Gracias a los organizadores y un saludo para todos.

Enrique (FC3)
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: rimarzoa en 12 de Diciembre de 2014, 11:21:08
Ola a todos:

Este correo é para darvos algúns avisos ós que tedes pensado vir ó III Workshop CMON o sábado 13 de decembro:

-Se vides en coche moito coidado na estrada dadas as inclemencias meteorolóxicas que estamos a padecer. Meteogalicia ten activadas algunhas alertas amarelas en diversas zonas de Galicia. Pola tarde tenderán a remitir as precipitacións pero aumentará o vento. Así que moita precaución.

-No aparcadeiro que hai na entrada da residencia universitaria Monte da Condesa pódese aparcar de balde, pero hai outros sitios do Campus Sur onde hai ORA. Vixiade onde deixades o coche por se tedes que poñer ticket, que é obrigatorio pola mañán. Xusto diante do Centro de Transfusión hai algunhas prazas reservadas a doantes, que hai que deixar libres.

-A aula que imos a utilizar será, en principio, no primeiro andar da residencia universitaria Monte da Condesa, ó lado do Centro de Transfusión de Galicia.

-Cando cheguedes á residencia universitaria teremos postas algunhas frechas no recibidor que vos guiarán á aula que usaremos, pero tamén podedes preguntar na recepción onde está situada. Os compoñentes da organización tamén andaremos por alí.

Saúdos e vémonos mañán.
R.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: Pablo Canedo en 12 de Diciembre de 2014, 15:04:22
Non me apuntei antes porque pensei que este ano mo ía a perder, finalmente puiden escaquearme e sí que podo ir. Hai sitio aínda? Se teño que estar de pé non pasa nada, merézoo  :erf:
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: DosiVeiga en 12 de Diciembre de 2014, 16:10:17
Non me apuntei antes porque pensei que este ano mo ía a perder, finalmente puiden escaquearme e sí que podo ir. Hai sitio aínda? Se teño que estar de pé non pasa nada, merézoo  :erf:
Estupendo que veñas tío  :great:

Polo que eu sei non hai problema de espazo. Pero supoño que terás que pagar a cota completa, non a reducida, para evitar agravios comparativos cos que avisamos en tempo e forma  :na:

Será a pagar o dobre do que pagamos os demais   :whistle:

Eu chegarei antes e estarei tomando café no comedor da residencia, na parte do café. Por se hai máis xente na mesma situación.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: rimarzoa en 12 de Diciembre de 2014, 20:41:33
Pois Pablo, que saibas que, como dixo Dosi, che cobraremos exactamente o dobre da cota de inscrición estipulada para o resto dos asistentes. Tamén o sustituiremos por unha mariscada ou acto lúdico-festivo-etílico-gastronómico de equivalente valor culinario.
E agora xa non te podes botar atrás. Estás apuntado.
Vémonos mañán.
R.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: rimarzoa en 12 de Diciembre de 2014, 20:44:33
Agora mesmo hai 763 vistos neste fío. Espero que que non se lles ocorra vir a todos sen avisar  :party: Xa non nos daría tempo a contratar a megafonía.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: monje en 13 de Diciembre de 2014, 11:22:43
Propongo hashtag #IIIWorkshopCMON
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: Pablo en 13 de Diciembre de 2014, 23:31:04
 A falta de Xeminidas, e xa de volta ma casa quixera darlle a noraboa a organizadores e asistentes por este evento de hoxe.
Título: Re:III Workshop CMON
Publicado por: DosiVeiga en 15 de Diciembre de 2014, 23:34:51
Súmome aos parabéns de Pablo. Sobre todo, un gustazo ver como cada ano hai máis xente, máis variedade de intereses e xente doutras asociacións astronómicas. Felicidades!!
(e paso a escribir unha das miñas crónicas noutro fío  :666:)